Archive for Marzo 2nd, 2009

Agora que imos amodo, imos descubrir as mentiras da campaña electoral na Galiza

Transparencia e verdade fronte á campaña de difamación e mentiras do PP.

Doe a derrota socialista e nacionalista nas recentes eleccións ao Parlamento Galego, polo seu significado. Pois a perda dun escano nas filas socialistas pode entenderse, mais non é así na bancada nacionalista. Porque? Pois por ser debida esta derrota ao que se fixo ben ou moi ben e non ao que non se fixo. Perdeuse por levar adiante  uns cambios transformadores na Galiza realizados polo BNG no goberno. Por iso recibiu uns ataques despiadados, cheos de mentiras e infamias. Só había unha elección posíbel; a Galiza do atraso, da mentira, da poderosa plataforma mediática do PP ou a da Galiza orgullosa de si mesma. Co apoio deses poderosos medios gañou o retorno ao pasado. Read the rest of this entry »

 

Gañou o PP grazas á campaña mediática máis suxa e máis rastreira que se recorda neste periodo democrático.

 Como no Partido Popular non tiveron valor político para debater (non tiñan propostas políticas)  só usou as mentiras, mesmo sobre a vida persoal dos candidatos nun ataque mediático  golpista sen precedentes contra o nacionalismo galego.

Grazas a iso, Alberto Núñez Feijóo será o novo presidente da Xunta de Galiza. Co  escrutinio rematado, escanoso PPdeG obtén a maioría absoluta con 39 deputados , dous máis que en 2005. O PSdeG acada 24 un menos que hai catro anos, e o BNG  con 12 deputados baixa un respecto aos últimos comicios . O pobo galego entrégalle o goberno a uns conservadores que non cren na Galiza, que  non teñen programa nin  buscan  futuro para o noso país.

Anxo Quintana di que «hai que afrontar o resultado e o BNG vai a traballar con máis forza» e que toman nota do resultado para analizalo e explicou que os nacionalistas «saímos adiante nos momentos máis difíciles».