Archive for Marzo, 2009

A VIII lexislatura arrinca motores

A VIII Lexislatura do Parlamento Galego, que arrinca mañá (cuarta feira) coa constitución da Cámara, carlos-aymerich-e-bieito-lobeira terá como presidenta  a Pilar Rojo Noguera, do PP. Na mesa parlamentar o  PPdeG contará con tres postos, o BNG un e o PSOE outro. A composición final da mesa, despois da escolla do PP, sae dun acordo político entre o BNG e PSOE que permite unha representación plural non só na Mesa, senón nos outros órganos da Cámara ou nos que a Cámara ten que escoller os representantes. Agora faltan decidir sobre as comisións parlamentarias e á representación nos órganos colexiados alleos á Cámara pero cuxa formación depende do Parlamento, como o Consello de Contas ou o Consello de Administración da CRTVG.

ana-pontonPor outra parte, A Executiva Nacional (en funcións) que foi facultada polo Consello Nacional para distribuír as responsabilidades dentro do grupo Parlamentar do BNG, resolveu por unanimidade  nomear a Carlos Aymerich e Ana Pontón como portavoz e viceportavoz do grupo parlamentar nacionalista, respectivamente. O deputado Bieito Lobeira será o coordinador do Grupo Parlamentar. Estes deputados formarán parte da  equipa nacionalista que loitará para que  a chamada “brigada de demolición de Feijóo” non destrúan o Sistema Galego de Benestar, o sustentábel desenvolvemento industrial,as políticas activas de Medio Rural, os Planos de Vivenda ou da nosa Cultura.

Como vemos a política galega volve a quentar motores, mais non só pola VIII lexislatura, xa que o BNG axiña realizará asembleas comarcais onde @s militantes do BNG debaterán  as propostas de criterios e achegas de nomes para a candidatura do BNG ás eleccións europeas 

 

A Mesa concéntrase no Parlamento Galego contra a involución do noso idioma

A Mesa pola Normalización Lingüística, a maior asociación cultural de Galiza, que recentemente a-mesacelebrou a súa asemblea xeral ordinaria de socias e socios,  realizará mañá mércores/cuartafeira, 1 de abril ás 10:30 horas unha concentración diante do Parlamento galego para reivindicar que nesta nova lexislatura se adopten as medidas precisas en defensa da nosa lingua e non se produzan involucións na garantía dos dereitos lingüísticos, tanto individuais como colectivos. A asociación fai un chamamento a todas aquelas persoas que defendan o dereito a vivir en galego a sumarse a este acto simbólico.

A Mesa quere reclamar que desde os poderes públicos se cumpra co mandato estatutario de promover a nosa lingua propia e co estabelecido por acordos unánimes do propio Parlamento Galego e que a día de hoxe aínda está sen desenvolver.

Esta entidade realizará diversos actos de rúa para que “a Xunta do PP non adopte medidas unilaterais que poidan crear unha grave fractura social” e que culminarán coa manifestación nacional convocada para o Día das Letras Galegas (17 de maio) que se celebrará  en Santiago de Compostela.


 

A honestidade de Lourdes Rei

 

 Comentaba hai días que Carballo  foi un dos concellos  onde o nacionalismo recibira falsaslourdes-rei acusacións,  cun suposto  triplo obxectivo: desprestixiar ao BNG na corporación, atacar á honestidade persoal dos membros do grupo do goberno e, por último, provocar a desmobilización dos sectores sociais obxectivamente interesados en que se profundaran as políticas transformadoras  impulsadas polo nacionalismo.

Supoño que ese triplo obxectivo era o que buscaba o PP de Carballo coas acusacións realizadas, na anterior campaña electoral, sobre o uso do teléfono da concelleira Lourdes Rei . Non soubo o PP ter límites nin decoro político: primeiro fixo falsas acusacións e tempo despois di que ninguén se mete en que se fagan chamadas persoais.

As mentiras do PP axiña se desmontaron, nunca se usou o teléfono para facer chamadas aos números do tarot. As chamadas realizadas por Lourdes Rei foron feitas en relación á súa actividade como concelleira delegada nas áreas da súa competencia no concello de Carballo. Outras, nun momento puntual,  por unha situación familiar moi grave da que membros do Partido Popular tiñan coñecemento.

Mais, esta concelleira, que non desexa que as difamacións e insultos que cuestionaban o seu labor afecten á honestidade e transparencia que caracteriza o traballo do BNG no goberno,  renunciará  hoxe luns ás 8 e media da tarde, no salón de plenos do Concello.

 Á compañeira  Lourdes  imos amosarlle, coa nosa presencia, todo o noso apoio nestes  duros momentos, por soportar  tanta infamia deste novo e reaccionario  tardofranquismo.

Estamos contigo Lourdes.

Saúde e Patria.

 

A asociación Quinta Feira e a exposición de Áreas Mariñas Protexidas

 

Xa comentamos máis veces a actividade dos blogues bergantiñáns, entre eles algún da Laracha como  o da Cutareira e o de Quinta Feira. Mais,  non se está a falar de traballo virtual, senón do que é unha actividade real que se expande tamén a través da rede para informar do que se realiza. Onte falabamos da Cutareira, que organiza a conferencia PORQUE TEMOS, PORQUE QUEREMOS, PORQUE DEBEMOS que se celebrará na aula de cultura de Caixa Galicia, na sexta feira/venres 3 de abril ás 20:30 da tarde. Súmase, con este tipo de actividades, á defensa da nosa lingua, á defensa do que é o noso patrimonio cultural, que non é mellor ni peor que o dos outros, pero é noso e debemos defendelo con orgullo, con enerxía, con lealdade, como se merece.

Hoxe tócalle a Quinta Feira, unha asociación que naceu con vocación de contribuír á recuperación, baldaiodifusión e valorización da cultura e o patrimonio etnográfico e natural galegos e potenciar a educación en valores no seu ámbito de actuación. Por iso, e enmarcado nun programa de actividades de educación ambiental que se pretende desenvolver ao longo do ano 2009, a Asociación Cultural Quinta Feira trae á Laracha unha exposición interactiva sobre áreas mariñas protexidas. Read the rest of this entry »

 

Coa MESA e Avelino Pousa Antelo adiante co noso propio idioma

Hoxe sábado, 29 de marzo, no auditorio de Galiza en Compostela, A Mesa pola Normalización a-mesaLingüística celebrouse a súa asemblea xeral ordinaria de socias e socios.

Os principais puntos a debate foron a ratificación das altas e baixas do último período, o exame e aprobación do informe de xestión e do informe de contas, así como a aprobación da liña de actividades e do orzamento para o próximo exercicio. Aprobáronse nesta asemblea dous órganos directivos, a Comisión Permanente -que funcionaba até o de agora como único órgano, e que pasará chamarse  Xunta Directiva- e a Coordinadora de Zonas para afortalar o traballo comarcal e local nesta nova etapa.

Ademais, no último punto da orde de traballos, a asemblea debateu o texto do manifesto que se promoverá para a mobilización nacional do 18 de maio en Santiago de Compostela.

A Asemblea mantivo nos seus cargos por outros tres anos a Callón, Fran Rei e Iria Taibo, presidente, vicepresidente e secretaria da Mesa, respectivamente. Así mesmo, nomeou por unanimidade a Avelino Pousa Antelo ‘Presidente de honra’. “Aos seus 94, case 95 anos, sempre está nos actos”, salientou Callón, quen incidiu no “vencello entre xeracións” que supón a súa presenza na Mesa

 

Sinalou o presidente da Mesa, Carlos Callón, que hai medios de (in)comunicación, grupos de poder, que non queren deixar chegar a certos lugares a mensaxe da Mesa, mais subliñan a necesidade de tecer unha rede social de base para poder contrarrestar todo isto. Pois adiante!