Visión de futuro: un artigo de Francisco Rodríguez para gañar o futuro en tempos de crise
Publicado en Galiza o 01/02/2009 20:59 por Xosé AntónEscribe Francisco Rodríguez no seu blog que esta crise do capitalismo tardío (denominado así por Alán
Wolfe) resulta extrema en relación coas acontecidas en 1974 e 1980. É posíbel, e desexábel, que, para saírmos dela, se procuren alternativas que afortalen a democracia e non o autoritarismo.
Continúa Francisco Rodríguez dicindo que para avaliar a situación crítica que estamos a viver e orientar a nosa actuación política construtivamente cobran moita importancia tres advertencias de Wolfe. A primeira é que as elites do capitalismo, prefiren o capitalismo con autoritarismo se a democracia interfire nos seus planos. A segunda é que desexan sempre reducir a capacidade dos gobernos democráticos, que haxa menos expectativas públicas. A terceira é que o pobo ten moito máis a dicer sobre o futuro político do capitalismo tardío que as elites dominantes, e moito máis cando se recorre ao auxilio explícito do Estado.
Dese xeito subliña que esta recesión vainos pór a proba como pobo, que o Goberno Galego debe incrementar o número de actividades económicas nas que participe directamente e que o noso futuro como pobo pasa por reforzar a política de orientación nacional galega ( o pobo galego existe e ten capacidade e responsabilidade), democrática (os intereses da maioría), impulsora da acumulación ou riqueza necesarias para un vivir digno. Saber máis