As persoas asistentes ao mitin multitudinario, en resposta ao golpismo mediático, conectaron dende o principio do acto público cos intervintes e, por suposto, co Vicepresidente da Xunta e candidato á presidencia, Anxo Quintana, que participou onte á tarde nun acto
público na Coruña, no que tamén interviron o tenente de alcalde da Coruña, Henrique Tello; o número tres pola Coruña, Carlos Aymerich, e a número dous, Ana Pontón.
Na súa súa intervención pediu o voto para o BNG co respaldo da palabra dada hai agora tres anos e medio e fixo un repaso das políticas “transformadora” que o nacionalismo leva anos desenvolvendo desde o goberno da Xunta. Esperaban, os que mandaban e non se presentaban ás eleccións, que foramos un partido bonsai, mais o bonsai medrou e as raíces afincaron na terra e estendéronse no país e dixeron que a terra é para quen a traballa.
Quintana aludíu ás mentiras verquidas contra o BNG nesta campaña e indicou que “hai tres tipos de mentira, a mentira, a maldita mentira e as estadísticas. O PP nesta campaña ten utilizado a tres. Empezou polas estadísticas para falar das cifras do paro, fala de números con desprezo. O que lle interesa é lanzar mensaxe catastrofista que nos leve a pensar que non é posíbel.
Emprazou aos asistentes a votar porque “o que nos xogamos é ben sencillo: ou lle entregamos o goberno de Galiza a aqueles que non cren en Galiza e nos piden o voto para gobernar, ou lle damos o voto ao BNG para que Galiza poida ter un goberno que goberne para a xente e faga o necesario para que Galiza sexa respectada”.
Quintana amosou hoxe a papeleta do BNG pola provincia da Coruña e comentou que nestes anos tense insinuado a posibilidade de que o BNG cambiara a estrela do logo e, aínda que confesou que a el lle gusta, indicou que, se se cambiara, “sería para introducir un corazón, o corazón de aqueles galegos e galegas que cando pensan en política pensan que Galiza ten que ser o primeiro”.
Cando rematou o mitin moitos dos asistentes cantáronlle “cumpreanos feliz” a Anxo Quintana quen, agradecido, envioulles uns bicos.