O BNG presenta os lemas de campaña nos que se conxuga valentía, forza, movemento e país co xa coñecido «Queremos máis»

O director de campaña do BNG, Alberte Ansede, presentou este mediodía en rolda de prensa a  tua forza move este país, con valentía, sen ataduras, a-forza-do-noso-pobocampaña coa que o BNG concorrerá ás eleccións galegas do 1 de marzo. A campaña nacionalista centrarase no lema «Queremos máis», «que resuma unha campaña na que imos a por todas e non nos imos poñer teito», e dous sublemas: «A túa forza move este País» e «Con valentía, sen ataduras«.

A idea central da campaña do BNG será, en palabras de Alberte Ansede, «que os galegos e as galegas sairán gañando se se reforza o poder político propio de Galiza, se cada vez máis cousas se deciden en Galiza, e iso só podemos conseguilo cunha presenza maioritaria e determinante do BNG no próximo goberno galego».

 

Chamamento a unha participación masiva o 1 de marzo para consolidar e incrementar os avances

 

 Alberte Ansede asegurou que «estamos a percibir unha grande corrente de simpatía cara ao BNG nesta precampaña» pero advertiu de que «sería un erro relaxarse e pensar que todo está feito«:

Neste sentido, subliñou que «é fundamental unha participación masiva nestas eleccións, é fundamental que ninguén fique na casa o 1 de marzo porque nos xogamos darlle máis forza ao cambio politico e que, ademais se faga pensando nos inereses de Galiza e das galegas e galegos».

 

«O PP únese á mentira de que o castelán está en perigo en Galiza»

 

Por outra parte, Alberte Ansede criticou a adhesión do Partido Popular «a unha manifestación que só pretende axitar unha mentira, a de que o castelán corre perigo en Galiza, cando a inmensa maioría da sociedade galega sabe que o que realmente periga é o galego, a nosa lingua».

Por iso, o director de campaña do BNG acusou a Alberto Núñez Feijóo de «servir a Jiménez Losantos e ao sector máis reaccionario da dereita española, en vez de servir a Galiza e á sociedade galega».

 

Deixa unha resposta