O Ártico pode ser una zona de futuros conflitos?
Publicado en Mundo o 08/02/2009 17:53 por Xosé AntónSegundo un informe publicado polo Servizo de Xeoloxía de EEUU, no Ártico concéntrase até o 13% das
reservas potenciais do cru a escala global e un 30% das do gas. As reservas hipotéticas do petróleo nesta rexión calcúlanse ao redor de 90 mil millóns de barrís; as do gas natural, en 47,621 billóns de metros cúbicos; e as do condensado de gas, en 44 mil millóns de barrís.
James Appathurai, portavoz da Alianza Atlántica, sinala que esta rexión representa un interese estratéxico a longo prazo para a OTAN e para a seguridade dos aliados.
Segundo Andrei Fediashin, a cidade groenlandesa de Ilulissat pasará á historia como o lugar onde comezou a repartición do Ártico. Alí, os ministros de Asuntos Exteriores de Dinamarca, Canadá, Noruega, Rusia e EEUU reuníronse a porta pechada para acordar como aproveitar o Océano Glacial Ártico, e como explotar os recursos naturais que xacen na súa plataforma continental.
Por outra banda, cada un dos cinco países ten reclamos con respecto aos seus veciños no que se refire á demarcación da plataforma continental no Ártico cando ademais o quecemento global está aniquilando as costas do Ártico. E xa coñecemos tod@s casos de conflitos armados por necesidades enerxéticas ou estratéxicas
O quecemento global está aniquilando as costas do Ártico
Segundo os expertos, o nivel dos océanos do mundo medra actualmente a unha velocidade de 3 milímetros anuais e cada ano ese incremento é cada vez máis acelerado.
Durante o século XX, o nivel dos océanos do planeta aumentou 17 centímetros, moito máis que o crecemento que experimento a masa mariña da Terra durante os 2.000 anos anteriores.
O cambio climático que até hai pouco era considerado como un fenómeno de interese ecolóxico e científico, paulatinamente pasou a converterse nun factor de influencia xeopolítica importante. Os desxeos e a ampliación da tempada de navegación polos mares que durante o inverno cóbrense de xeo, permiten falar das perspectivas de acceso aos xacementos naturais, aos recursos biolóxicos que xacen no Océano Glacial Ártico e á posibilidade de navegación permanente pola denominada Ruta Mariña do Norte (RMN), unha vía de transporte estratéxica entre Europa e Asia(non está demais lembrar que a RMN é o traxecto máis curto entre Europa Occidental e o Sueste Asiático. O buque que tome esa ruta, digamos, desde Holanda ao Xapón deberá percorrer unha distancia duns 14.000 quilómetros). Debemos ter en conta que o traxecto Holanda-Xapón polo Océano Indico a través da Canle de Suez e o Atlántico é de 20.000 quilómetros ou 24.000 quilómetros se se opta pola ruta a través do Océano Pacífico e a Canle de Panamá.
A maioría de países veciños á rexión do Ártico (Dinamarca, Canadá, Noruega, Rusia e EEUU) despregaron intensas actividades nesa zona. Cada un esfórzase por reafirmar as súas posturas nas posíbeis disputas sobre a soberanía das augas árticas, a plataforma mariña e os recursos que alí se atopan. «Moitos países redobrarán a súa atención cara ao Ártico e xa medra a competencia entre os países árticos polo acceso aos recursos enerxéticos desa rexión. En parte (bastante importante) será o prezo límite do barril de petróleo ( a día de hoxe considérase baixo para o custo da produción) e do gas que restrinxa, por agora, aos países interesados o acceso aos recursos naturais do Ártico.
A OTAN ve no Ártico unha zona de importancia estratéxica
A prensa belga publicou hai tempo, citando a James Appathurai, portavoz da Alianza, que esta rexión representa un interese estratéxico a longo prazo para a OTAN e para a seguridade dos aliados, ao anunciar que altos funcionarios da Alianza e dos países membros reuniríanse en Reikiavik para un seminario sobre o Ártico.
O encontro estaba previsto para os días 28 e 29 de xaneiro coa participación do secretario xeral da OTAN e o xefe das tropas aliadas en Europa. A discusión estaba centrada nos temas de seguridade no Ártico, incluídos os problemas do cambio climático, o terrorismo e a crecente presenza militar nesta zona.
Segundo un informe publicado polo Servizo de Xeoloxía de EEUU, no Ártico concéntrase até o 13% das reservas potenciais do cru a escala global e un 30% das do gas. As vastas plataformas continentais do Ártico representan talvez a maior zona petrolífera que aínda está por explorar, consta nese documento .
As reservas hipotéticas do petróleo nesta rexión calcúlanse ao redor de 90 mil millóns de barrís; as do gas natural, en 47,621 billóns de metros cúbicos; e as do condensado de gas, en 44 mil millóns de barrís.
Con todo, os autores do informe sinalan que estas cantidades colosais dificilmente influirán na oferta e o prezo do combustible a curto prazo, pois aínda quedan por explotar moitas zonas menos remotas e máis alcanzables.
Pero, coidado coa nada inocente advertencia do almirante Thad W. Allen, xefe do Servizo Gardacostas de EEUU: EEUU está perdendo a batalla do Ártico ante Rusia,
«Imos perdendo posicións na competencia global», afirmou o militar ao defender no Congreso estadounidense maiores investimentos na flota nacional de rompexeos polares, cuxo potencial «está en perigo».
Lembra o militar que Rusia completará o próximo ano un programa que «vai asegurarlle a posesión de varios rompexeos pesados de propulsión nuclear moito máis alá do ano 2020″,
Científicos rusos e a cordilleira de Lomonósov.
En agosto de 2007, un grupo de científicos rusos descendeu ao fondo do océano Ártico cerca do Polo Norte e por primeira vez na historia tomou mostras do terreo e da flora marítima a 4.261 metros de profundidade. Os explorados tamén instalaron unha bandeira rusa no leito do mar.
Tras estudar os resultados da expedición, os científicos determinaron que a cordilleira de Lomonósov pertencía á plataforma continental de Rusia. Así as cousas, o titular de Asuntos Exteriores de Canadá, Peter G. Mackay, manifestou que a expedición polar rusa pretendía apoderarse dese territorio.
A resposta do ministro ruso de exteriores, Lavrov, parece contundente:»Non temos esas pretensións nin podemos telas porque existe a Convención das Nacións Unidas sobre o Dereito do Mar que reglamenta ben claro, entre outras cousas, as cuestións da plataforma continental.
Países ribeiregos acordan repartirse o Océano Glacial Ártico en mesa de negociacións
Segundo Andrei Fediashin, da axencia rusa RIA Novosti, a cidade groenlandesa de Ilulissat pasará á historia como o lugar onde comezou a repartición do Ártico. Alí, os ministros de Asuntos Exteriores de Dinamarca, Canadá, Noruega, Rusia e EEUU reuníronse a porta pechada para acordar como aproveitar o Océano Glacial Ártico, e o máis importante, como explotar os recursos naturais que xacen na súa plataforma continental.
Ao final do encontro, os ministros adoptaron a Declaración de Ilulissat cuxa tese fundamental estableceu que os asuntos relacionados co Océano Glacial Ártico e os contenciosos territoriais solucionaranse a partir da Convención da ONU sobre o Dereito do Mar de 1982, así os cinco países acordaron resolver todos os problemas na mesa das negociacións.
«Non compartimos os prognósticos sombríos sobre conflitos entre os países árticos polos seus intereses ou de guerras inminentes polo Ártico”
Parece ser que a Convención da ONU sobre o Dereito do Mar é un poderoso instrumento xurídico internacional que en calidade de «constitución mariña», poderá regular todos os asuntos relacionados co que se pode e non se pode facer sobre, debaixo e dentro do Océano Glacial Ártico.
Pero cada un dos cinco países ten reclamos con respecto aos seus veciños no que se refire á demarcación da plataforma continental no Ártico:
os dinamarqueses protestan porque os canadenses implantan bandeiras nalgunhas das illas de Groenlandia, a súa principal provincia ártica.
Os canadenses fan os mesmos reclamos aos estadounidenses que pola súa banda, cuestionan a pertenza canadense dalgunhas illas árticas.
Os noruegueses teñen pretensións sobre polo menos 175.000 quilómetros cadrados da plataforma continental rusa no mar de Barents, e Rusia máis EEUU aínda non se puxeron de acordo sobre unha liña de demarcación no mar de Bering.
Polo que vemos até agora, o Ártico non foi obxecto dunha actitude consensuada e aceptada no que respecta á súa situación e a solución dos seus problemas. E tampouco parece que a ONU sexa hoxe en día unha organización á que lle fagan moito caso os estados poderosos. Só hai que lembrar, por pór exemplos próximos no tempo, a invasión(por parte de EE.UU.) de Iraq e os centos de miles de mortos; a invasión de Gaza, asasinatos incluídos, levada a cabo polos israelís…