Nestas eleccións galegas todos somos BNG
Publicado en A Costa da Morte o 23/02/2009 15:59 por Xosé Antón
Chega a última semana desta campaña electoral na que as galegas e galegos nos xo
gamos moito. Por iso, este país necesita do teu esforzo nos días que nos restan por diante, para trasladar a importancia do necesario medre electoral do BNG de cara a un futuro ilusionante para maioría social. Non se coñece na historia da humanidade un medre dun país sen forzas políticas propias que o sustenten. Por iso Galiza necesita do BNG. E por iso o BNG necesita o voto das galegas e galegos para rematar co recital de sectarismo, intolerancia e antigaleguismo promovido por sectores antinacionalistas aos que non lles importa facerlle dano a Galiza con tal de conseguir uns cantos votos máis. Na túa localidade ti tamén podes colaborar, espallando o programa de goberno do BNG ou participando nos actos de campaña.
Hoxe, o candidato por Bergantiños, Xosé Regueira, participará nun mítin en Cerceda (luns, ás 9 da noite, na Casa daCultura).
Haberá, tamén, actos en diversas parroquias da comarca (A Brea[Carballo], luns, ás 9 da noite; A Mata [Cabana de Bergantiños], martes,ás 9 da noite; Bértoa [Carballo], xoves, ás 9 da noite). Haberá mítin en Paiosaco (xoves, ás 9 da noite, no RestauranteO Estanco).
Lembra que o mércores celebrarase o mítin central da Coruña, que será ás 20.15 horas no Pavillón San Francisco Xabier. O venres será a quenda para o mítin de peche de campaña, que este ano terá lugar en Vigo.
Igualmente, o mércores pola mañá haberá un acto matinal de mocidade en
Compostela, ás 12 do mediodía.
Xa por último, o domingo 1 de marzo, como é sabido, é a xornada electoral
onde entre todas e todos temos que conseguir o mellor resultado da historia do
BNG, o mellor resultado para o noso país. Contamos co teu apoio e participación!