Na segunda enquisa de Xornal de Galicia o BNG consolida o seu avance
Publicado en Galiza o 08/02/2009 17:13 por Xosé AntónA segunda enquisa de intención de voto nas eleccións autonómicas encargada por Xornal de Galicia,
realizada entre o 30 de xaneiro e o 5 de febreiro, constata que o BNG consolida o seu avance, que se pode traducir o 1 de marzo na consecución de 16 escanos, polos 13 que posúe na actualidade. Tamén reflicte unha moi lixeira melloría para o PP con respecto á primeira sondaxe, elaborado un mes antes. O PSOE estáncase e até pode perder un deputado na Cámara galega. A enquisa non recolle os efectos negativos que pode ter para o PP a destitución de Luís Carreira Pásaro, ex número 1 pola provincia de Ourense, por realizarse antes da decisión tomada urxentemente por Feijóo.
02/08/2009 at 17:52
Supoño que tampouco recolle os efectos positivos da acción contundente do Sr. Feijóo de deixar o nº 1 de Ourense fora… como tampouco recolle os efectos negativos das prácticas caciquís do delegado de medio rural de Ourense Pepe «o de Cartelle». En calquer caso a enquisa do 1-M recollerá tódalas variantes.
Por outra banda, tendo en conta que as enquisas deste «Xornal» son as máis favorables para o BNG de todas as publicadas (ollo! non as poño en dúbida) ata agora, porque o SR. Quintana segue berrando que o BNG vai colleitar uns resultados históricos? Histórico sería ter máis de 18 deputados (logrados en 1997 sen ser forza de goberno) e iso non llelo dan nin sequera no Xornal.