Me llaman y digo: ostras, esto que es? (palabras do destituído número 1 do PP por Ourense)

A trama de espionaxe, ex dirixentes do PP detidos por corrupción… ao axente 009 do PP só lle faltaba feijoo-e-carreraun grave problema con algún cabeza de lista para rematar a precampaña e comezar co guión da campaña. Pois xa o conseguiu:

O presidente do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe, en rolda de prensa convocada de xeito urxente, que deixa fóra das listas de forma “irrevogable” ao número un da candidatura en Ourense, Luís Carreira, por non cumprir “nun momento puntual” as súas obrigas fiscais. Carreira di que “se lle pasou” declarar un pago recibido nas Illas Caimán.

O economista Luís Carreira recoñeceu hoxe non declarar a Facenda a cantidade que recibiu por prestar asesoramento ao Banco Privado Portugués para organizar a súa entrada no mercado galego, aínda que o xustificou porque a entidade lusa fíxolle o pago a través da súa sucursal en Illas Caimán e, ao non recibir ningunha notificación, pasóuselle”.

En declaracións a Europa Press, o até hoxe “número un” da lista do PP por Ourense comprendeu a decisión de apartalo da candidatura por este motivo xa que, aduciu, a súa continuidade non sería “demasiado estética”.

Esta nova sae en moitos xornais. Aquí poño varias  posibilidades, podes escoller: GZNación   Xornal  Vieiros  A Nosa Terra 

 

Deixa unha resposta