Hoxe, ás 00:00 comeza unha das campañas electorais máis importante da historia do noso país

Está a piques de comezar unha das campañas electorais máis importantes na historiaa-forza-do-noso-pobo2 do país. Hoxe xoves, ás 00.00 horas da madrugada, dará comezo a campaña electoral. Como sempre, farao cunha pegada de cartaces en todo o país. En concreto, na nosa bisbarra, @s candidat@s participan nun acto inicial de pegada, na praza do Concello de Carballo. Alí estará o candidato ao parlamento pola comarca de Bergantiños, Xosé Regueira Varela.

 

Xosé Regueira subliñou, na presentación da candidatura do BNG da Costa da Morte, que seguirán reivindicando o hospital comarcal para Bergantiños, no que se poidan tratar determinadas doenzas que poidan ser atendidas fóra do CHUAC. Tamén falou da eliminación da peaxe da autoestrada, a pesar da «herdanza envelenada do PP, cun rescate complicado, xunto da adopción de  medidas encamiñadas a ter tarifas o máis brandas posíbeis para os usuarios. Regueira sinalou que a Costa da Morte percibiu un cambio importante co goberno do BNG, sobre todo en materia social, empresarial (en chan industrial) e cultural. Houbo un avancep1233636 cuantitativo e cualitativo.

Xosé Regueira tamén falou, estes días pasados na Laracha, do esforzo realizado polas consellarías do BNG  para potenciar o desenvolvemento industrial así como a construción da Rede Pública de Galescolas, de centros de día para persoas maiores, dos investimentos necesarios en levar adiante o proxecto de parque industrial público, da rede Wimax na Laracha, entre outros programas realizados.

Xosé Regueira é, sen dúbida, un dos políticos mellor valorados da comarca e unha das persoas con mellor formación política da Costa da Morte.

 

Deixa unha resposta