Falange Auténtica, PP e UPyD protagonizaron a “marcha do odio” da Falacia Bilingüe contra o galego

Galicia Bilingüe, PP e UPyD non logran convocar nin a 2.500 persoas de toda España contra o uso normal do idioma galego. Na manifestación había máis xente de fóra que galega.

Esta foi unha manifestación da intolerancia lingüística , non para que se garantan os seus dereitos, na-galiza-en-galegosenón para retirarllos aos que pretenden usar o idioma propio da Galiza en Galiza e que se desampare totalmente a quen queira falar e vivir na lingua propia de Galiza”. Esta manifestación foi como dixo a Mesa pola Normalización Lingüística unha “marcha do odio, a intolerancia e o racismo lingüístico”. Para a maior asociación cultural galega é especialmente preocupante o apoio do PP a esta marcha, “a única entidade de relevo que a secundou e a que de verdade mobilizou a xente co seu toque de corneta, pois o resto dos respaldos son de organizacións non galegas, que descoñecen a nosa realidade, ou que son socialmente marxinais”. A Mesa chama a atención que entres as organizacións convocantes haxa  apoios explícitos da extrema dereita, como a Falange Auténtica e o comunicado da AVT no que se equiparou a defensa do galego coa coacción e a exaltación a ETA.

Por outra banda, a polícia española cargou con violencia contra as persoas que realizaban unha contramanifestación que partira da alameda compostelana

Bases e cargos do partido de Feijóo nas principais cidades apoian unha marcha que pretende paralizar a normalización da lingua galega

 

Deixa unha resposta