Deturpacións, mentiras e obxectivos de certos medios de (In)comunicación (parte2)
Publicado en Galiza o 20/02/2009 22:26 por Xosé Antón
Ataques mediáticos ás Normas do Hábitat, ás Galescolas, ao Consorcio Galego de Igualdade e
Benestar, ao concurso eólico, á nova política industrial e de comercio, ao Banco de Terras, ás políticas de desenvolvemento da Consellaría do Medio Rural, á Cultura Galega, aos Planos Sectoriais de Vivenda, ás oposicións ao consorcio, aos mitins nos que participe algún alto cargo nacionalista… non queda ninguén do sector nacionalista do Goberno ou Parlamento Galego que non recibise de «La Voz de Galicia» acusacións sen fundamento e malintencionadas, que semellan obedecer a unha estratexia desesperada por querer deturpar o labor realizado polos profesionais cualificados e políticos que demostraron a súa valía ao servizo da Administración Pública Galega e dos cidadáns. Os ataques de «La Voz de Galicia» non responden en nengún caso á realidade dos feitos e constitúen un claro exemplo de manipulación informativa e de vulneración de todos os principios da ética xornalística. E porque o fan?
Semella que o PP e La Voz (do seu dono) saben que as enquisas coinciden en que pode haber unha reedición do bipartito. Tamén parecen saber que os resultados electorais van depender da abstención, e que unha participación do 64 ou o 65 por cento favorecería ao PP, podendo acadar estes, dese xeito, a maioría absoluta. Vexo na falta de rigorosidade de todo o publicado nese xornal, contra o sector nacionalista do goberno, un suxo obxectivo ou pretensión de confundir á opinión pública e provocar o desánimo nas persoas, militantes, simpatizantes e votantes do BNG, na etapa máis intensa da campaña electoral. A base electoral nacionalista semella un obxectivo a bater dese medio de (in)comunicación para cadrar os resultados electorais ao seu gusto. Aparecía un comentario dunha persoa, lectora dun xornal electrónico, relativo ao comportamento de «La Voz de Galicia» no que se amosaba a realidade da actuación partidaria, de fondo xogo sucio dese periódico: “ultimamente a La Voz de Galicia véselle por onde vai descaradamente, só hai que ver como ataca ao BNG, desde que foi o concurso eólico. Non sei que intereses terían no mesmo, pero a min La Voz de Galicia paréceme cada vez mais patética e partidista”.
Recomendo unha visita ao artigo que aparece nas Terras de Pondal sobre a deturpación mediática que realiza La Voz (de su amo) do mitin de Quintana en Oia.
02/21/2009 at 10:17
Para os que somos coñecedores e amantes da historia e da cultura do noso pobo,
non podemos amosar nada máis que a nosa perplexidade, ante o feito denigrante
de como un xornal da talla e a valía de «La Voz de Galicia» posiciónase
claramenteme o carón da dereita máis rancia e caciquil que abonda na nosa Galiza.
Este xornal, que no decurso de moitos decenios axudou a sementa-la cultura
galega (sempre dende o seu punto de vista particular eso sí) caíu definitivamente
nas redes da ideoloxía españolista, atacando todo o que representa o nacionalismo
galego sen facer análise se está ou non ben feito, ou se é ou non de proveito
para o noso pobo a presencia nacionalista no goberno da Xunta.
Voltamos a ter que sacar das covas a nosa cultura agochada alí polo clero, polos
militares golpistas, polos fascistas, polos caciques e polas novas xeracións de
españolistas oportunistas, todos, o servicio do máis aniquilador proxecto de
borrar do mapa de Europa, ó galego e os galegos.
Non queda nada máis que facer forza entre os que nos sintamos galegos, defende-lo
nosa nazón a calquera prezo, e decirlle tamén os políticos, que escoiten o silencio
a voces dos que comezaron a sementa-lo xerme da nosa máis recente historia:
Rosalía,Pondal,Curros, Brañas,Castelao…. que dende o seu leito laianse dos que se
se fan chamar nacionalistas e se venden por estar no poder, claudicando ante o
que debería de ser o seu eterno programa eleitoral: Terra, lingua e patrimonio.
Meu voto, a pesar de todo, seguirá sendo para os meus, (como foi sempre)para que
a revolta irmandiña de Roi Xordo, para que a loita do «Xurelo» na fosa Atlántica
e para que a loita contra o chapapote do «Prestige» sega se-lo exempro de erguerse
contra o que nos ataca, reitero, a calquera prezo.
Patria ou morte!!