Davila reprocha a Moratinos a venda de armas a Israel e pede maior contundencia co Estado hebreo

A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, criticou na comparecencia do Ministro de olaia-fernandez-davilaAsuntos Exteriores, Miguel Ángel Moratinos a actitude da UE e da ONU nos 22 días de bombardeos ininterrumpidos de Israel sobre a poboación palestina na franxa de Gaza . “A UE e a ONU non estiveron á altura da gravedade dos feitos, unha falla de autoridade que permitiu a Israel, mais unha vez, campar ás súas anchas polo imposíbel camiño da violencia, da morte e da destrucción”.

A UE debe estar para algo máis que xestionar a destrucción

Davila demandou outra dimensión diplomática por parte das potencias occidentais, “menos titubeante, menos hipócrita e menos complacente co Estado israelí”. Dixo ao Ministro que a UE debería estar “para algo máis que para xestionar a destrucción”. E lembrou que Israel ten un estatus de “estado asociado á UE”. Reprochou que nunca se sancionar nen económica nen doutro tipo ao estado hebreo. Máis datos

 

Deixa unha resposta