Arrinca o blogue da ANPA da Galescola da Laracha

As nais e pais das nenas e nenos da Galescola da Laracha (ANPA)  xa teñen blogue. Pretenden que comendosexa de utilidade a tod@s, ademais dun lugar de encontro de todas as familias que forman parte da Galescola da Laracha. Alí hoxe tamén aparecen  os menús das nenas e nenos da Galescola, podes consultalos e descargalos alí mesmo.

 Podedes visitar o blogue clicando aquí ou poñendo isto na barra de internet:

 

http://galescolas.net/blogue_persoal/anpa_laracha/

 

Que comece ben a súa andaina

 

Deixa unha resposta