Acusados de inxerencia, funcionarios da DEA abandonan Bolivia por orde de Evo Morales.
Publicado en Mundo o 01/02/2009 20:24 por Xosé AntónPouco despois de aprobarse a nova constitución boliviana, os principais funcionarios da Axencia
antidrogas de Estados Unidos (DEA) abandonaron o país, acusados de inxerencia en asuntos internos, tras cumprirse formalmente os 90 días que o presidente Evo Morales outorgou ao organismo para que abandone o país.
A través dunha mensaxe divulgada pola Embaixada de Estados Unidos o director da DEA, Patrick Stenkamp, presentou un breve balance sobre as actividades que realizou esta forza operativa en Bolivia.
«Este é un día triste polo cesamento da cooperación entre os nosos dous países, unha cooperación que durou tantos anos e que logrou importantes resultados. Desexo para Bolivia moita sorte na súa loita contra o narcotráfico. Partimos coa confianza de que as forzas antinarcóticos deste país (Bolivia) continuarán facendo o seu mellor esforzo», finalizou Patrick Stenkamp.
Contrario ao expresado polo director da DEA en Bolivia, o presidente Morales anunciou a suspensión indefinida de calquera actividade da DEA en Bolivia e acusou á organización de inxerencia política, financiamento irregular e espionaxe durante a crise política-rexional que enfrontou hai pouco o seu Goberno.
Tamén o executivo boliviano presentou novas probas que acusaban á DEA de encubrir feitos de narcotráfico e violar dereitos humanos.
En diálogo coa prensa, o ministro da Presidencia, Juan Ramón Quintana, denunciou a participación militarizada da DEA, algo que non lle correspondía á entidade foránea.
Quintana precisou entón que membros desa institución foránea detiveron de xeito ilegal a persoas, que logo torturaron e someteron a presións psicolóxicas e chantaxes.
O titula
r explicou que en marzo de 1994, a Unidade Móbil de Patrulla Rural (UMOPAR) e membros da DEA, socorreron a unha aeronave -matrícula CP1792- pilotada por Bismarck Roca Daza, un presunto narcotraficante, quen foi procesado tres anos antes por ese feito.
Nese sentido, dixo que se trata dunha indiscutible evidencia da intervención militar da axencia, unha actividade á que xamais o Estado boliviano concedeulle facultades.