A Mesa anima a sociedade galega a participar masivamente nas urnas o 1 de marzo para que “non se desampare o dereito a utilizar o galego
Posted in Galiza on 02/27/2009 01:36 a.m. by Xosé AntónA Mesa pola Normalización Lingüística chama a sociedade galega a participar masivamente nas urnas
este próximo domingo 1 de marzo para respaldar máis avances no proceso de normalización de usos e funcións do idioma propio da Galiza na lexislatura que saia destas eleccións.
A maior asociación cultural do país propón que non se vote ás forzas políticas que quererían lexislar contra o galego, como é o caso do PP, que anunciou que no caso de gobernar derrogaría o decreto que regula un mínimo do 50% do ensino neste idioma. Segundo indica esta entidade, o PP debería aclarar se Galiza vai ser a única comunidade autónoma con lingua propia diferente ao castelán que non vai regular de ningún xeito a presenza do seu idioma no sistema educativo. saber máis
