Archive for Febreiro 26th, 2009

Todos os partidos son iguais: Campaña para fomentar a abstención entre @s votantes da esquerda e sobre todo d@s nacionalistas

Subo un artigo do camarada Vitor, que me enviou ao correo electrónico,Non houbo debate a tres bandas. Feijóo non quixo e que me parece moi axeitado. Obrigado Vítor:

A dereita está moi interesada, ultimamente, en sementar a idea de que todas as forzas políticas son iguais. Saben que unha elevada abstención devolvería ao PP ao goberno galego. Por iso, é preciso que o pobo galego se manifeste en masa acudindo a votar. Porque non, non todas as forzas políticas son iguais. Read the rest of this entry »

 

Emocionante mitin do BNG na Coruña con cumpreanos feliz!

As persoas asistentes ao mitin multitudinario, en resposta ao golpismo mediático, conectaron dende o principio do acto público cos intervintes e, por suposto,  co Vicepresidente da Xunta e candidato á presidencia, Anxo Quintana, que participou onte á tarde nun actoanxo-quintana-portavoz-nacional-do-bng-e-vicepresidente-da-xunta-de-galiza público na Coruña, no que tamén interviron o tenente de alcalde da Coruña, Henrique Tello; o número tres pola Coruña, Carlos Aymerich, e a número dous, Ana Pontón.

Na súa súa intervención pediu o voto para o BNG co respaldo da palabra dada hai agora tres anos e medio e fixo un repaso das políticas “transformadora” que o nacionalismo leva anos desenvolvendo desde o goberno da Xunta. Esperaban, os que mandaban e non se presentaban ás eleccións, que foramos un partido bonsai, mais   o bonsai medrou e as raíces afincaron na terra e estendéronse no país e dixeron que a terra é para quen a traballa.

Quintana aludíu ás mentiras verquidas contra o BNG nesta campaña e indicou que “hai tres tipos de mentira, a mentira, a maldita mentira e as estadísticas. O PP nesta campaña ten utilizado a tres. Empezou polas estadísticas para falar das cifras do paro, fala de números con desprezo. O que lle interesa é lanzar mensaxe catastrofista que nos leve a pensar que non é posíbel.

Emprazou aos asistentes a votar porque “o que nos xogamos é ben sencillo: ou lle entregamos o goberno de Galiza a aqueles que non cren en Galiza e nos piden o voto para gobernar, ou lle damos o voto ao BNG para que Galiza poida ter un goberno que goberne para a xente e faga o necesario para que Galiza sexa respectada”.

Quintana amosou hoxe a papeleta do BNG pola provincia da Coruña e comentou que nestes anos tense insinuado a posibilidade de que o BNG cambiara a estrela do logo e, aínda que confesou que a el lle gusta, indicou que, se se cambiara, “sería para introducir un corazón, o corazón de aqueles galegos e galegas que cando pensan en política pensan que Galiza ten que ser o primeiro”.

Cando rematou o mitin moitos dos asistentes cantáronlle “cumpreanos feliz” a Anxo Quintana quen, agradecido, envioulles uns bicos.