Idioma Galego Si! E, a pesar dos ataques do PP e Galicia Bilingüe, temos quen o defenda
Posted in Galiza on 02/24/2009 10:14 pm by Xosé Antón Segundo anunciou o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística , Carlos Callón,
presentarán unha queixa ante o Ministerio do Interior ao entender que a policía española “vulnerou os dereitos lingüísticos” o pasado domingo, día 8, en Santiago durante a marcha convocada pola plataforma Galicia Bilingüe (GB),e á que asistiron importantes cargos políticos do Partido Popular.
Callón, denunciou que, como consecuencia das pelexas, as forzas de seguridade “obrigaban a identificarse a calquera persoas que falara galego” na zona vella da cidade. A este respecto alegou que “non se pode criminalizar a ninguén por expresarse non seu idioma” e tachou de “inxustas e desproporcionadas” as actuacións policiais.
Por outra banda Leonard Orban, o comisario de Multilingüismo da UE, anunciou este martes que en abril virá até o noso país para coñecer a rede de galescolas. Orban quere demostrar así o seu compromiso cos traballos de normalización do galego, logo de que un informe europeo sobre linguas minorizadas gabase os proxectos educativos de Vicepresidencia da Xunta de Galiza.
Orban fixo o anuncio durante un encontro co presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, e a responsábel do BNG no exterior, Ana Miranda. Na súa visita a Bruxelas, os dous representantes galegos mantiveron tamén contactos con eurodeputados da ALE, do grupo socialista e do Partido Popular Europeo. Nos mesmos explicáronlle a posición subalterna que continúa a ter a nosa lingua no propio país, pois só en 12 anos pasou de ser o idioma inicial do 60% da poboación a só do 20%.