Archive for Febreiro 23rd, 2009

Nestas eleccións galegas todos somos BNG

 

Chega a última semana desta campaña electoral na que as galegas e galegos  nos xotodos-somos-bnggamos moito.  Por iso, este país necesita do teu esforzo nos días que nos restan por diante, para trasladar a importancia do necesario  medre electoral do BNG de cara a un futuro ilusionante para maioría social. Non  se coñece na historia da humanidade un medre dun país sen  forzas políticas propias que o sustenten. Por iso Galiza necesita do BNG. E por iso o BNG necesita o voto das galegas e galegos para rematar co recital de sectarismo, intolerancia e antigaleguismo  promovido por  sectores antinacionalistas aos que non lles importa facerlle dano a Galiza con tal de conseguir uns cantos votos máis. Na túa localidade  ti tamén podes colaborar, espallando o programa de goberno do BNG ou participando nos actos de campaña.

Hoxe,  o candidato por Bergantiños, Xosé Regueira, participará nun mítin en Cerceda (luns, ás 9 da noite, na Casa daCultura). Read the rest of this entry »