Archive for Febreiro 20th, 2009

Deturpacións, mentiras e obxectivos de certos medios de (In)comunicación (parte2)

 

Ataques mediáticos ás Normas do Hábitat, ás Galescolas, ao Consorcio Galego de Igualdade e a-voz-do-seu-amoBenestar, ao concurso eólico, á nova política industrial e de comercio, ao Banco de Terras, ás políticas de desenvolvemento da Consellaría do Medio Rural, á Cultura Galega, aos Planos Sectoriais de Vivenda, ás oposicións ao consorcio, aos mitins nos que participe algún alto cargo nacionalista… non queda ninguén  do sector nacionalista do Goberno ou Parlamento Galego que non recibise de «La Voz de Galicia» acusacións sen fundamento e malintencionadas,  que semellan obedecer a unha estratexia desesperada por querer deturpar o labor realizado polos profesionais cualificados e políticos  que demostraron a súa valía ao servizo da Administración Pública Galega e dos cidadáns. Os ataques de «La Voz de Galicia» non responden en nengún caso á realidade dos feitos e constitúen un claro exemplo de manipulación informativa e de vulneración de todos os principios da ética xornalística. E porque o fan?

Semella que o PP e La Voz (do seu dono) saben que as enquisas coinciden en que pode haber unha reedición do bipartito. Tamén parecen saber que  os resultados electorais  van depender da abstención, e que unha participación do 64 ou o 65 por cento favorecería ao PP, podendo acadar estes, dese xeito, a maioría absoluta. Vexo na falta de rigorosidade de todo o publicado nese xornal, contra o sector nacionalista do goberno,  un suxo obxectivo ou  pretensión de confundir á opinión pública e provocar o desánimo nas persoas, militantes, simpatizantes e votantes do BNG, na etapa máis intensa da campaña electoral. A base electoral nacionalista  semella un obxectivo a bater dese medio de (in)comunicación para cadrar os resultados electorais ao seu gusto. Aparecía un comentario  dunha persoa, lectora dun xornal electrónico, relativo ao comportamento de «La Voz de Galicia» no que se amosaba  a realidade da actuación partidaria, de fondo xogo sucio  dese periódico:   ultimamente a La Voz de Galicia véselle por onde vai descaradamente, só hai que ver como ataca ao BNG, desde que foi o concurso eólico. Non sei que intereses terían no mesmo, pero a min La Voz de Galicia paréceme cada vez mais patética e partidista”.

Recomendo unha visita  ao artigo que aparece nas Terras de Pondal sobre a deturpación mediática que realiza La Voz (de su amo) do mitin de Quintana en  Oia.

 

 

Hoxe non haberá debate electoral na TVG. Só un de cada catro galegos (27,3%) apoia niso a Feijóo.

Segundo a sondaxe de Xornal de Galicia, só un de cada catro galegos (27,3%) cre que Feijóo (PP) leva Non hai debate por culpa de Feijóorazón ao refugar do debate político con Quintana e Touriño na Televisión de Galiza.

Por provincias, as máis críticas coa actitude de Feijóo son as de Lugo e A Coruña, onde os detractores representan o 55,3% e o 47,3% respectivamente, fronte ás de Pontevedra e Ourense, nas que respaldan a decisión do candidato o 27,3% e o 34% dos consultados respectivamente. Con todo, o balance é contrario ás teses do candidato popular nas catro provincias, con porcentaxes que arrandean entre o 34% e o 55,3%.

Loxicamente, o 46,7% dos votantes do PP respaldan a decisión do seu líder(nestas eleccións), pero os conservadores teñen tamén a un 17,9% do seu electorado disconforme coa posición de Feijóo. Nas filas socialistas e nacionalistas, porén, os críticos son franca maioría, co 66,2% e o 56,2% respectivamente, e os que xustifican ao ex conselleiro de Política Territorial, unha minoría non tan clara: un 17,8% no PSOE e un 23,3% no BNG.

Para combater este “boicot” de Feijóo, “que pretende negarlle un dereito aos cidadáns e que non participen”, o candidato nacionalista anunciou que vai debater hoxe cos cidadáns na Coruña. “Para que me plantexen as cuestións que queiran, sen límite nin condicións, porque ésa é a miña obriga, responderlle á xente”