Archive for Febreiro 19th, 2009

Comunicado público da asociación de veciñ@s de Torás- A Laracha sobre o centro de día e residencia da Laracha

A recoñecida asociación sempre se expresou con rotundidade na defensa dos intereses veciñais, aquí temos un exemplo:a-cutareira

 

«…Neste senso, é moi importante para nós lembrar que durante 16 anos do anterior goberno da Xunta non se creou nin un só Centro de Día público (a pesar que a veciñanza o demandaba), e loxicamente non podemos apoiar este tipo de políticas porque sería traizoar á veciñanza e ir en contra dos desexos dunha maioría. Pola contra sabemos que en menos de 4 anos, a Vicepresidencia da Xunta de Galiza, está próximo a crear 55 Centros de Día en todo o país…»

Aquí podes ler  o comunicado completo

 

Entrevista a Francisco Rodríguez no Xornal de Galicia. Moi interesante, non a perdas!

Esta interesantísima  entrevista, que en formato papel está nas páxinas 16, 17 e 18 do Xornal, francisco-rodriguezaparece no  xornal.com  en dous apartados. Non a perdas, Francisco Rodríguez fala moi clariño, doado de entender. Un dos titulares que aparecen no café de redacción do xornal é Temos que combatir o abstencionismo, pero hai máis:

 »…O bipartito, en xeral, gobernou ben, pero pode haber xente que teña a impresión de que se podía ter feito moito máis e iso pode provocar abstencionismo en certos sectores. O que hai que combater é iso. Temos que conseguir que o público crítico, con certa razón, contraste esa crítica con aspectos que se cadra non lle afectaron pero foron moi positivos. Hai que ter unha perspectiva global, meditada, e evitar esas actitudes viscerais que se dan en sectores minoritarios que son electoralmente relevantes, mesmo claves, para reeditar o bipartito. Non esquezamos que o BNG depende de 5.000 ou 6.000 votos, e ese pode ser o público con dúbidas. Eu convidaría a este público, que se di informado e moi politizado, a facer xuízos de valor ponderados…

O grande problema que teñen os partidos políticos españois, tanto o PP como o PSOE como IU, é a reforma electoral. Se por eles fose, sería unha reforma estatalista para desfacerse do incordio. A tendencia que teñen estas sociedades democráticas ao autoritarismo e á fraude vímola co voto emigrante. O PSOE sabe que vai ser a opción maioritaria na emigración. Ese non é o problema. O problema é que saben que teñen aí dous deputados pendentes, e chega a enlamarse nunha cuestión tan sumamente antidemocrática por unha cuestión de poder…»

Unha frase que subliñan: «O que dixo Palmou foi maxistral: non se pode querer a Galiza e non ao galego»

Para lela clica aquí

Máis aquí

 

 

Ti podes votar só co certificado censal? Pois os residentes ausentes poderán votar co certificado de inscrición consular

Ti para votar terás, ademais de estar correctamente censado, que ter o carné de identidade, pasaporte correo021ou carné de conducir, mais os descendentes dos residentes ausentes chegaralles co certificado consular. A Xunta Electoral Central ditou a pasada noite unha instrución para as eleccións vascas e galegas do próximo 1 de marzo na que permite que os emigrantes e descendentes poidan achegar o certificado de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular. Deste xeito, non terán que presentar tan sequera a fotocopia do Documento de Identidade (DNI) nin do pasaporte nin do certificado de nacionalidade, documentos que se empezarán a esixir nestes comicios. Semella que a presión do PSOE doulle moi bo resultado, pois iso si que é democracia enlamada partidario-socialista. Mi madriña!

 

Operación Gürtel: Complícanselle as cousas ao PP

Segundo resaltan diversos medios informativos nacionais e estatais, a Fiscalía Anticorrupción solicitouproblemas-no-pp hoxe ao xuíz da Audiencia Nacional Baltasar Garzón que se inhiba na causa pola que investiga a trama de corrupción relacionada coa operación Gürtel a favor dos tribunais superiores de xustiza da Comunidade Autónoma de Madrid e da Comunidade Valenciana.

Isto suporía, atendendo ao publicado polos devanditos medios, que a investigación da totalidade do sumario recaería no Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, agás determinados feitos, perfectamente escindibles, que correspondería investigar ao Tribunal Superior da Comunidade Autónoma de Valencia.

A Fiscalía aclara que as dúas fiscais encargadas do caso presentaron esta mañá no Xulgado Central de Instrución número 5 este informe, que lles solicitou Garzón para que se pronunciasen sobre os pasos a seguir no caso de que puidese haber imputados aforados na causa. O pasado venres, Garzón anticipou no auto polo que rexeitou a personación do Partido Popular (PP) na causa que existen serios indicios de que persoas vinculadas a esa formación política poderían ter responsabilidade nesa causa ou naqueloutras que se incoen tras a inhibición que se acordará por razón de aforamento dalgunhas delas. Read the rest of this entry »