Vicepresidencia da Xunta de Galiza dotará á Laracha dun centro de día-residencia
Posted in A Costa da Morte on 02/17/2009 07:20 p.m. by Xosé Antón
S
egundo nos teñen informado desde o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, está redactado o proxecto do futuro Centro de Día-Residencia da Laracha, que será licitado en breve. De feito, nos próximos días remitiranlle ao concello o texto do convenio, e unha vez que se asine este convenio no que se establecen as obrigas do concello e do Consorcio, poderá sacarse a concurso a construción deste equipamento tan importante para as persoas maiores e as familias da Laracha. Desde xeito ponse de manifesto que o vicepresidente e candidato do BNG á presidencia da Xunta de Galiza, Anxo Quintana, anunciou na inauguración da Galescola.
Logo de menos dun ano de terse efectivizada a cesión do terreo, o Consorcio xa ten elaborado o
proxecto, estudo xeotécnico e a maqueta do futuro Centro de Día-Residencia, e só falta que se asine o correspondente convenio para proceder á contratación da obra. Trátase dun investimento de perto de dous millóns de euros (sen contar o equipamento), que nos permitirá dispór no noso concello de máis de corenta prazas en Centro de Día e outras máis de vinte de Residencia. Read the rest of this entry »