Que se votou o día 15 de febreiro en Venezuela? 
Este domingo o 54,36% (6.003.594) das venezolanas e venezolanos dixo Si á transformación da Patria e á emenda constitucional dos artigos 160, 162, 174, 192 e 230 da Carta Magna, informou a presidenta do Consello Nacional (CNE), reitora principal Tibisay Lucena.
Durante a transmisión do primeiro boletín oficial dos resultados do referendo aprobatorio da emenda constitucional, Lucena indicou que esta xornada extraordinaria rexistrou unha abstención de apenas 32,95%.
Este primeiro boletín outorgouno o Poder Electoral con 94,2% das actas escrutadas, e só faltan 2 mil 251 actas por transmitir.
O total de votos nulos foi de 199 mil 41 e de votos escrutados foi de 11 millóns 242 mil 717.
A opción do Non obtivo 5.040.082 de votos, o cal representa un 45,63%.
Os centros electorais de Venezuela abriron as súas portas ás 6:00 da mañá deste domingo 15 de febreiro, tal e como estaba previsto, para dar inicio ao proceso de votación onde se someten a referendo aprobatorio cinco artigos da Constitución Nacional.
Desde temperás horas da madrugada, un gran número de persoas comezou a facer as súas colas nos 11 mil 292 centros para exercer o seu dereito cidadán ao voto.
A actual Constitución venezolana limitaba a elección do cargo de gobernadores, alcaldes e presidente a dúas lexislaturas, e os parlamentarios de cada estado e nacionais a tres. As venezolanas e venezolanos estaban convocados a votar SI ou NON a unha emenda constitucional que eliminaba esa limitación. Os cambios afectan a varios cargos non só ao do presidente. A aprobación da emenda non supón reelección algunha, só a opción a presentarse.
Pero o pobo votou algo máis, pois con ese voto afirmativo preténdese inculcar os valores da sociedade socialista nunha sociedade na que reinaba unha enraizada corrupción capitalista que era controlada polos poderes duns EE.UU. que nada fixeran por dar traballo, asistencia sanitaria e educación a toda a poboación venezolana.
Read the rest of this entry »