Archive for Febreiro 12th, 2009

Hoxe, ás 00:00 comeza unha das campañas electorais máis importante da historia do noso país

Está a piques de comezar unha das campañas electorais máis importantes na historiaa-forza-do-noso-pobo2 do país. Hoxe xoves, ás 00.00 horas da madrugada, dará comezo a campaña electoral. Como sempre, farao cunha pegada de cartaces en todo o país. En concreto, na nosa bisbarra, @s candidat@s participan nun acto inicial de pegada, na praza do Concello de Carballo. Alí estará o candidato ao parlamento pola comarca de Bergantiños, Xosé Regueira Varela. Read the rest of this entry »

 

Arrinca o blogue da ANPA da Galescola da Laracha

As nais e pais das nenas e nenos da Galescola da Laracha (ANPA)  xa teñen blogue. Pretenden que comendosexa de utilidade a tod@s, ademais dun lugar de encontro de todas as familias que forman parte da Galescola da Laracha. Alí hoxe tamén aparecen  os menús das nenas e nenos da Galescola, podes consultalos e descargalos alí mesmo.

 Podedes visitar o blogue clicando aquí ou poñendo isto na barra de internet:

 

http://galescolas.net/blogue_persoal/anpa_laracha/

 

Que comece ben a súa andaina

 

ACTOS INFORMATIVOS DE PRESENTACIÓN DO PROGRAMA DE GOBERNO DO BNG NA COSTA DA MORTE

Do xoves  12 ao domingo 15 de febreiroa-forza-do-noso-pobo:
****** ´
ACTO: Encontro público con asociacións
DÍA E HORA: Xoves, 12 de febreiro; 21.00 hrs.
LUGAR: Pazo da Cultura de Carballo
INTERVIRÁN: Belén Lendoiro, Marcos Trigo, Xosé Regueira e Milagres Lantes
****** ´
ACTO: Encontro público co tecido asociativo de Bergantiños
DÍA E HORA: Venres, 13 de febreiro; 21.30 hrs.
LUGAR: Bar O Foxo (Ponteceso)
INTERVIRÁN: Xosé Regueira e Milagres Lantes

****** ´
ACTO: MÍTIN CENTRAL DA COSTA DA MORTE
DÍA E HORA: Sábado, 14 de febreiro; 11.30 hrs.
LUGAR: Polideportivo de Baio (Zas)
INTERVIRÁN: Manuel Muiño, Manuel Antelo, Ana Pontón e Anxo Quintana

****** ´
ACTO: XANTAR – MÍTIN
DÍA E HORA: Sábado, 14 de febreiro; 14.00 hrs.
LUGAR: Restaurante A Pesqueira
INTERVIRÁN: Manuel Varela, Xosé Regueira e Ana Pontón

****** ´
ACTO: MÍTIN
DÍA E HORA: Sábado, 14 de febreiro; 19.00 hrs.
LUGAR: Casa da Cultura da Laracha
INTERVIRÁN: Carolina Castiñeiras, Xoán Sande, Xosé Regueira e Luis Barcia

****** ´
ACTO: NA DEFENSA DA FEIRA
DÍA E HORA: Domingo, 15 de febreiro; 11 a 14 hrs.
LUGAR: Feira de Paiosaco
INTERVIRÁN: Candidatos da comarca

****** ´
ACTO: MÍTIN
DÍA E HORA: Domingo, 15 de febreiro; 17.00 hrs.
LUGAR: Restaurante Monte Blanco (Cabana de Bergantiños)
INTERVIRÁN: David Cancela, Xosé Regueira e Xoán Carlos Bascuas
****** ´
ACTO: MÍTIN
DÍA E HORA: Domingo, 15 de febreiro; 19.00 hrs.
LUGAR: Pavillón Polideportivo de Agualada
INTERVIRÁN: Manuel Vázquez, Xosé Regueira e Xoán Carlos Bascuas