Pode gobernar Galiza quen promove unha manifestación antigalega?
Posted in Galiza on 02/10/2009 01:21 a.m. by Xosé AntónPode gobernar o noso País un partido que apoia e promove unha manifestación contra o noso idioma, a
cultura e xeito de vivir das galegas e galegos, enterrando calquera vestixio de galeguismo no seu seo, ao participar activamente nunha marcha que pretende paralizar a normalización da língua galega?
Pode gobernar o noso país un partido que, coa súa actitude, consumou unha traizón a moitos dos seus propios e tradicionais votantes que falan galego?
Poden gobernar ás galegas e galegos uns dirixentes que se permiten participar nunha marcha do odio, a intolerancia e o racismo lingüístico con apoios explícitos da extrema dereita, como a Falange Auténtica? Read the rest of this entry »