Archive for Febreiro 8th, 2009

O Ártico pode ser una zona de futuros conflitos?

Segundo un informe publicado polo Servizo de Xeoloxía de EEUU, no Ártico concéntrase até o 13% das artico1reservas potenciais do cru a escala global e un 30% das do gas. As reservas hipotéticas do petróleo nesta rexión calcúlanse ao redor de 90 mil millóns de barrís; as do gas natural, en 47,621 billóns de metros cúbicos; e as do condensado de gas, en 44 mil millóns de barrís.

James Appathurai, portavoz da Alianza Atlántica, sinala que esta rexión representa un interese estratéxico a longo prazo para a OTAN e para a seguridade dos aliados.

 Segundo Andrei Fediashin,  a cidade groenlandesa de Ilulissat pasará á historia como o lugar onde comezou a repartición do Ártico. Alí, os ministros de Asuntos Exteriores de Dinamarca, Canadá, Noruega, Rusia e EEUU reuníronse a porta pechada para acordar como aproveitar o Océano Glacial Ártico, e  como explotar os recursos naturais que xacen na súa plataforma continental.

 Por outra banda, cada un dos cinco países ten reclamos con respecto aos seus veciños no que se refire á demarcación da plataforma continental no Ártico cando ademais o quecemento global está aniquilando as costas do Ártico. E xa coñecemos tod@s casos de conflitos armados por necesidades enerxéticas ou estratéxicas Read the rest of this entry »

 

Na segunda enquisa de Xornal de Galicia o BNG consolida o seu avance

A segunda enquisa de intención de voto nas eleccións autonómicas encargada por Xornal de Galicia, resultados-2c2aa-enquisa-de-xornal-de-galiciawwwxornalcomrealizada entre o 30 de xaneiro e o 5 de febreiro, constata que o BNG consolida o seu avance, que se pode traducir o 1 de marzo na consecución de 16 escanos, polos 13 que posúe na actualidade. Tamén reflicte unha moi lixeira melloría para o PP con respecto á primeira sondaxe, elaborado un mes antes. O PSOE  estáncase e até pode perder un deputado na Cámara galega. A enquisa non recolle os efectos negativos que pode ter para o PP a destitución de Luís Carreira Pásaro, ex número 1 pola provincia de Ourense, por realizarse antes da decisión tomada urxentemente por Feijóo.

 

Falange Auténtica, PP e UPyD protagonizaron a “marcha do odio” da Falacia Bilingüe contra o galego

Galicia Bilingüe, PP e UPyD non logran convocar nin a 2.500 persoas de toda España contra o uso normal do idioma galego. Na manifestación había máis xente de fóra que galega.

Esta foi unha manifestación da intolerancia lingüística , non para que se garantan os seus dereitos, na-galiza-en-galegosenón para retirarllos aos que pretenden usar o idioma propio da Galiza en Galiza e que se desampare totalmente a quen queira falar e vivir na lingua propia de Galiza”. Esta manifestación foi como dixo a Mesa pola Normalización Lingüística unha “marcha do odio, a intolerancia e o racismo lingüístico”. Para a maior asociación cultural galega é especialmente preocupante o apoio do PP a esta marcha, “a única entidade de relevo que a secundou e a que de verdade mobilizou a xente co seu toque de corneta, pois o resto dos respaldos son de organizacións non galegas, que descoñecen a nosa realidade, ou que son socialmente marxinais”. A Mesa chama a atención que entres as organizacións convocantes haxa  apoios explícitos da extrema dereita, como a Falange Auténtica e o comunicado da AVT no que se equiparou a defensa do galego coa coacción e a exaltación a ETA.

Por outra banda, a polícia española cargou con violencia contra as persoas que realizaban unha contramanifestación que partira da alameda compostelana

Bases e cargos do partido de Feijóo nas principais cidades apoian unha marcha que pretende paralizar a normalización da lingua galega

 

A Nosa Terra publica que o BNG enviou unha circular á militancia na que se acusa a La Voz de ‘vulnerar toda ética’

    A redacción de ANT  explica que o comunicado do BNG fala dun  ‘Claro exemplo de manipulación’, consorcio-galego‘vulneración de todos os principios da ética xornalística’ e ‘falta a verdade’. Con este comunicado o BNG critica a La Voz de Galicia polas súas desinformacións  contra as oposicións no Consorcio da Vicepresidencia.  Publica A Nosa Terra  que o BNG  acaba de enviar esa circular aos seus afiliados onde se rebate as desinformacións de  La Voz de Galicia sobre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Este debe ser o comunicado ao que se refire A Nosa Terra.

Tamén a consellaría de Medio Rural rebate unhas infundadas acusacións de La Voz de Galicia que evidencia a falta de rigorosidade da documentación publicada nese xornal coa pretensión de confundir á opinión pública. Na mesma información cítanse persoas sen vinculación coa Consellería do Medio Rural, cun interese oculto por confundir á cidadanía. Aquí está o comunicado