Posted in A Costa da Morte on 02/07/2009 06:57 p.m. by Xosé Antón
Estes días estase a falar, despois do temporal que atravesou Galiza, da posibilidade, mellor dito da
realidade, das axudas da Xunta de Galiza para paliar os efectos do devandito temporal. Pois ben, navegando pola internet atopei o blogue da Asociación de Veciñ@s A Cutareira de Torás – A Laracha, que son meus veciños, onde podes descargar as bases para solicitar as axudas que a Xunta de Galiza destina a persoas ou entidades que sufriron desperfectos ocasionados polo temporal de vento do pasado mes de xaneiro. Podes acceder dende alí se non queres dar máis voltas. Noraboa á asociación polo traballo ben feito.
Posted in A Costa da Morte on 02/07/2009 12:55 p.m. by Xosé Antón
A candidata nº2 pola Coruña, Ana Pontón Mondelo, presentou no local comarcal do BNG en
Carballo aos candidatos Xosé Regueira Varela, Manuel Antelo Pazos e Óscar Insua.
Ana Pontón comentou que os integrantes da candidatura nacionalista son xente con recoñecida experiencia, capacidade política e un alto nivel de traballo. Tanto Manuel Antelo Pazos como Xosé Regueira Varela van en postos altos e temos a esperanza de que poidan formar parte do noso próximo grupo parlamentar. Afirmou que o BNG refrendou o seu compromiso, desde o goberno da Xunta de Galiza, coas comarcas de Bergantiños, Soneira e Fisterra e nas outras comarcas do noso País, e por iso o BNG agardaba obter nestas eleccións uns resultados históricos. Read the rest of this entry »