Archive for Febreiro 6th, 2009

Sobre os procesos de selección do persoal do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar

 Subo ao blogue esta clarificadora  carta sobre a manipulación de La Voz de Galicia e a falla de ética periodística:
Coñezamos a realidade fronte á manipulación de La Voz de Galicia

 As noticias aparecidas no xornal La Voz de Galicia sobre os procesos de selección do persoal do la-voz-do-seu-amoConsorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar non responden en nengún caso á realidade dos feitos e constitúen un claro exemplo de manipulación informativa e de vulneración de todos os principios da ética xornalística.

Convén ter moi presente o seguinte: todos os procesos de selección do persoal do Consorcio respectaron e respectan os principios e regras básicas dos procesos de selección de calquera Administración pública rexida polo Dereito Administrativo (publicidade, mérito e capacidade).

O Consorcio, polo demais, está integrado pola Xunta, por 262 concellos -moitos deles gobernados por PP e PSOE- e por tres Mancomunidades. O lector ou a lectora da Voz poderá ser levado equivocamente á conclusión de que no Consorcio só decide a Vicepresidencia do goberno galego. Read the rest of this entry »

 

Me llaman y digo: ostras, esto que es? (palabras do destituído número 1 do PP por Ourense)

A trama de espionaxe, ex dirixentes do PP detidos por corrupción… ao axente 009 do PP só lle faltaba feijoo-e-carreraun grave problema con algún cabeza de lista para rematar a precampaña e comezar co guión da campaña. Pois xa o conseguiu:

O presidente do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe, en rolda de prensa convocada de xeito urxente, que deixa fóra das listas de forma «irrevogable» ao número un da candidatura en Ourense, Luís Carreira, por non cumprir «nun momento puntual» as súas obrigas fiscais. Carreira di que “se lle pasou» declarar un pago recibido nas Illas Caimán.

O economista Luís Carreira recoñeceu hoxe non declarar a Facenda a cantidade que recibiu por prestar asesoramento ao Banco Privado Portugués para organizar a súa entrada no mercado galego, aínda que o xustificou porque a entidade lusa fíxolle o pago a través da súa sucursal en Illas Caimán e, ao non recibir ningunha notificación, pasóuselle».

En declaracións a Europa Press, o até hoxe “número un” da lista do PP por Ourense comprendeu a decisión de apartalo da candidatura por este motivo xa que, aduciu, a súa continuidade non sería «demasiado estética».

Esta nova sae en moitos xornais. Aquí poño varias  posibilidades, podes escoller: GZNación   Xornal  Vieiros  A Nosa Terra