Archive for Febreiro 5th, 2009

UPyD, Os bispos, La Voz de Galicia, CC.OO., Galicia Bilingüe e o PP realizan a precampaña máis desfasada da historia galega recente

Coa cantidade de  difamacións, tonterías, falsidades ou saídas de ton protagonizadas por estes actores manipulacion_01en plena precampaña, podemos imaxinarnos o nivel que alcanzarán en datas próximas ao 1 de marzo?

A deputada Rosa Díez (UP yD) que só viu Galiza nun mapa e nin tan sequera sabe que a lingua propia de Galiza é o galego (artigo 5 do Estatuto de Autonomía de Galiza 6 de abril de 1.981), destacou que Galicia Bilingüe “traballa en defensa da igualdade dos cidadáns, para pór límites ás imposicións lingüísticas de certas administracións que impiden, ademais, a libre elección do uso das linguas oficiais”.

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, sumouse  á polémica xurdida (sobre a pretensión de GB da eliminación do galego) ao defender como adecuado e razoable que cargos do seu partido anuncien publicamente a súa adhesión a esta mobilización antigalega.  Read the rest of this entry »