Posted in Galiza on 02/04/2009 10:45 p.m. by Xosé Antón
A compañía da RTVG confirma que o debate electoral será o venres 20 de Febreiro en Compostela.
Aínda que, no Consello de Administración da compañía, o PP ten unha representación maior para imposibilitar o acordo, debido á morte do representante do BNG, Lois Obelleiro, e a enfermidade doutro socialista, a decisión do Consello non é vinculante para o director da CRTVG.
Fontes da CRTVG indican que “en principio” acudirán os líderes do BNG, PP e PSOE. A cautela débese a que os conservadores tentan até o último momento sacar adiante a súa proposta, que son tres debates a dúas bandas. Por iso a esta hora desde o PP segue sen confirmar se o seu candidato acudirá á cita. Con todo, o director Benigno Sánchez aposta por un único debate a tres bandas, no que Feijóo debería enfrontarse ao lider do BNG, Anxo Quintana, e a Touriño .
Polo de agora non se sabe onde será o debate, mais o líder nacionalista asegurou que “aos debates hai que ir por principios, non por cálculo electoral porque é un dereito dos cidadáns, non dos partidos políticos”.
O Vicepresidente da Xunta e candidato nacionalista, Anxo Quintana, explicou que “os cidadáns teñen dereito a escoitar e ver aos líderes políticos presentar as súas propostas”, e continuou, “creo que os partidos políticos estamos obrigados a debater. Non pode ser unha elección nosa, é unha obriga democrática e por iso sempre asistín aos debates aos que se me convocou e asi o vou facer nesta campaña”.
Posted in Mundo on 02/04/2009 07:02 p.m. by Xosé Antón
Atención nos foros de debate, atacan os sionistas. Vemos en varios medios de comunicación que o Ministerio de Exteriores do xenocida estado de
Israel iniciou o recrutamento de centenares de voluntarios que terán a misión de contrarrestar as críticas que reciben nos diarios dixitais de todo o mundo e defender os intereses do país na blogosfera en xeral.
A resposta foi rápida, máis de 700 israelís e xudeus responderon ao chamamento dirixido a milleiros de inmigrantes que chegaron a Israel recentemente e que dominan polo menos unha segunda lingüa que non é o hebreo. Ao redor dun centenar dos inmigrantes recrutados teñen o español como primeira lingüa. Read the rest of this entry »
Posted in Galiza on 02/04/2009 01:03 a.m. by Xosé Antón
La Voz de Galicia segue coa campaña de difamación continua (mais isto non é delito? Se non é
delito, onde está o comportamento ético deste medio de (in)comunicación?). Antes estaba nun ataque permanente ao Pano Eólico, despois (ou xa antes) á consellaría de Vivenda, agora o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, mañá…mais semella que está fartando tanta mentira:
Nun comunicado asinado polo Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, e o seu homólogo de Administración, Xosé Carlos Crespo, o sindicato nacionalista rexeita a campaña de difamación permanente de La Voz de Galicia. Afirman que dita falsidade está a causar un dano irreparábel na valoración dos profesionais do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e prexudicando un servizo público fundamental na sociedade galega como é o que presta o Consorcio. En consecuencia, esixen unha inmediata rectificación pública para restaurar a verdade e informar con rigor sobre a realidade do proceso selectivo do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. A nova completa e unha nova relacionada