O BNG presenta os lemas de campaña nos que se conxuga valentía, forza, movemento e país co xa coñecido «Queremos máis»
Posted in Galiza on 02/02/2009 11:41 p.m. by Xosé AntónO director de campaña do BNG, Alberte Ansede, presentou este mediodía en rolda de prensa a
campaña coa que o BNG concorrerá ás eleccións galegas do 1 de marzo. A campaña nacionalista centrarase no lema «Queremos máis», «que resuma unha campaña na que imos a por todas e non nos imos poñer teito», e dous sublemas: «A túa forza move este País» e «Con valentía, sen ataduras«.
A idea central da campaña do BNG será, en palabras de Alberte Ansede, «que os galegos e as galegas sairán gañando se se reforza o poder político propio de Galiza, se cada vez máis cousas se deciden en Galiza, e iso só podemos conseguilo cunha presenza maioritaria e determinante do BNG no próximo goberno galego». Read the rest of this entry »