Un concelleiro do PP agrede a un militante do BNG cando pegaba carteis en Muíños (Ourense)
Posted in Galiza on 02/28/2009 03:47 p.m. by Xosé AntónDúas persoas propinaron unha malleira a Francisco Castro, que precisou atención médica. 
Francisco Castro, militante do BNG residente en Barcelona e que se atopaba estes días na súa localidade natal de Muíños (Ourense), foi vítima dunha agresión ocorrida sobre as 23 horas de onte venres, cando se atopaba pegando carteis de propaganda electoral nacionalista no centro do concello ourensán.
Castro foi agredido neses momentos polo tenente de alcalde de Muiños, Jacinto Pena, que lle propinou unha malleira. A causa dela tivo que recibir atención médica.
A vítima tiña previsto presentar unha denuncia polos feitos á primeira hora da mañá nos Xulgados de Bande, mais ao estar pechados formalizaráa nas próximas horas en Ourense.
O militante do BNG lamentou os feitos pois máis que unha agresión persoal é realmente unha agresión á liberdade de expresión e á democracia.

