Xulgar na Corte Penal Internacional ao primeiro ministro de Israel, Ehud Olmert, xa!

O presidente venezolano, Hugo Chávez, exhortou hoxe a xulgar na Corte Penal Internacional ao primeiro ministro deolmert-criminal Israel, Ehud Olmert, pola súa agresión á Franxa de Gaza, que xa causou máis de 500 mortos entre a poboación civil. Debería ser levado a unha corte penal internacional (o de Israel) xunto ao presidente de Estados Unidos (George W. Bush) se houbese vergoña no mundo, expresou o mandatario en declaracións aos reporteiros.

Fracaso e hipocrisía de Sarkozy
Máis de 500 mortos ao lado palestino e apenas catro de Israel puxeron ao descuberto unha vez máis a realidade do que ocorre na Franxa de Gaza cos desapiadados ataques militares do réxime de Tel Aviv.

 En Francia,  aumentaron as críticas polo fracaso da xestión mediadora iniciada onte polo presidente dese país, Nicolás Sarkozy,  como o seu aliñamento velado coas autoridades do Estado hebrero, apuntou axéncia Prensa Latina. Durante a noite, segundo informou a axencia Reuters, constatáronse duros ataques do exército israelí nos arredores de Cidade de Gaza. Até agora segundo constataron os corpos médicos palestinos, o número de mortos ascende a 564. Bombardeos israelís deixan polo menos 40 refuxiados palestinos mortos nunha escola da Axencia das Nacións Unidas para os Refuxiados Palestinos (UNRWA) na franxa de Gaza.

O exército israelí informou pola súa banda que a cifra total de palestinos mortos desde o 27 de decembro podería estar preto dos 700.

 

Deixa unha resposta