Venezuela expulsa ao embaixador Israelí polo xenocidio cometido contra o pobo Palestino
Publicado en Mundo o 06/01/2009 23:30 por Xosé AntónDemostrando ser un digno e humano dirixente do pobo, Hugo Chávez asina a expulsión do embaixador de Israel en
protesta polo xenocidio cometido polo exército sionista contra a poboación desarmada de Gaza. Que fan os “demócratas” e hipócritas dirixentes europeos? A poboación debería lerlle a cartilla a eses silenciosos gobernantes, membros da procesión dos caladiños. Falarán cando lles digan desde EE.UU o que teñen que dicir, acusarán ás palestinas e palestinos de ser os culpábeis de ser invadidos por un enorme exército de asasinos? Falarán cando non haxa ninguén que masacrar en Gaza? Só coñezo unha postura clara e similar á de Hugo Chávez nese aspecto: a do BNG.
A través dun comunicado do Ministerio do Poder Popular para as Relacións Exteriores, o Goberno venezolano tomou a decisión da expulsar ao embaixador israelí na República Bolivariana de Venezuela en protesta polos ataques de Israel contra a poboación na Franxa de Gaza.
Os inclementes ataques das forzas militares de Israel, causaron a morte de máis de 600 persoas en Gaza, moitos deles mulleres e nenos. A pesar de que Israel di somentes atacar obxectivos militares de Hamas (organización que goberna a franxa de Gaza, logo de ser electos democraticamente) a realidade amosa que asasina a calquera que se atope diante das bombas e misiles sionistas.
A continuación o comunicado emitido pola cancillería Venezolana:
COMUNICADO
O Goberno da República Bolivariana de Venezuela presencia unha vez máis, xunto aos Pobos do mundo, o horror da morte de nenos e mulleres inocentes, produto da invasión da Franxa de Gaza por tropas israelís, e do bombardeo inclemente que, desde ceo e terra, descarga sistematicamente o Estado de Israel sobre territorio palestino.
Nesta hora tráxica e indignante, o Pobo de Venezuela manifesta a súa solidariedade irrestricta co heroico Pobo palestino, comulga na dor que embarga a miles de familias pola perda de seres queridos, e téndelles a man ao afirmar que o Goberno venezolano non descansará até ver severamente castigados aos responsables destes crimes atroces.
O Goberno da República Bolivariana de Venezuela condena tallantemente as flagrantes violacións do Dereito Internacional nas que incorreu o Estado de Israel, e denuncia a súa utilización planificada do terrorismo de Estado, co cal este país colocouse á marxe do concerto das Nacións.
Polas razóns antes mencionadas, o Goberno da República Bolivariana de Venezuela decidiu expulsar ao Embaixador de Israel e a parte do persoal da Embaixada de Israel en Venezuela, reafirmando a súa vocación de paz e a súa esixencia de respecto ao dereito Internacional.
O Goberno da República Bolivariana de Venezuela instruíu á súa Misión ante a ONU para que, xunto á maioría de gobernos que así o reclaman, presiónese para que o Consello de Seguridade aplique medidas urxentes e necesarias para deter esta invasión do Estado de Israel contra o territorio palestino.
O Presidente Hugo Chávez, quen sostivo encontros con altos representantes do Consello Mundial Xudeu e sempre se opuxo ao antisemitismo como a calquera tipo de discriminación e de racismo, fai un chamado fraterno ao pobo xudeu a través do mundo para que se opoña a estas políticas criminais do Estado de Israel que recordan as peores páxinas da historia do século XX. Co xenocidio do Pobo palestino, o Estado de Israel nunca poderá ofrecerlle ao seu Pobo a perspectiva dunha Paz tan necesaria como duradeira.
01/07/2009 at 17:13
Avante Chávez!! Non me simpatiza este home (dando discursos cun crucifixo ao seu lado), pero farían falta moitos coma el.