F. Blanco: Utilizar a Administración para boicotear o concurso eólico é prevaricación

O titular da consellaría de Innovación e  Industria sinala que “houbo claros intereses de torpedear  o concurso eólico. Houbo informacións que non respondían á realidade. A miña batalla é contra a crise. E non contra ninguén”. Preguntado pola procedencia dos “torpedeos”, apunta que “a cidadanía galega está moi ben informada malia algúns. E sabe a quen me refiro, sen necesidade de dar nomes”. Estimados lectores: hai un artigo anterior neste blogue que trata con claridade este tema. Se lles interesa está na categoría de Galiza ( á esquerda do blogue)Respecto ao abandono da comisión de avaliación do concurso dos representantes das consellerías de Política Territorial e Medio Ambiente, Blanco afirma que “é unha falta. Dous funcionarios tiñan que facer o seu traballo, e non o fixeron. Cometen unha falta grave”. No tocante á prórroga concedida á comisión para rematar o seu traballo, o conselleiro sinala que “a pediron eles (en alusión aos dous funcionarios), e concedeuse unha semana máis”.

 

O mandatario aclara que cada parque eólico, en función dun proceso reglado, deberá ser aprobado polo Consello da Xunta. “E nada máis. A resolución xa está aprobada, e non irá ao Consello da Xunta. É unha capacidade do conselleiro de Innovación e Industria. E exerceuna”, subliña.

Fernando Blanco afirma que en todo o proceso se contaron mentiras. Preguntado por que non as rebatíu, responde: “Había que deixar traballar á comisión, en liberdade e sen presións. Sería fácil rebatirlas. Non quixen entrar nunha dinámica de discusión. Aínda que algunhas as rebatín porque raiaban o delito”. Deste último caso, pon como exemplo “que os membros da comisión non tiñan acceso á información”.

Cando se lle pregunta pola preocupación dos ecoloxistas, o conselleiro advirte que “hai que falar con claridade”. Blanco aclara que “a Rede Natura é a que hai, non a que un soña. Tivemos catro anos para cambiala, e se non se cambiou foi porque non se quixo ou por ineficacia”. Estimad@ lector/a sepa que o conselleiro de medioambiente(do PSOE) é o responsábel da Rede Natura, como é que en toda a lexislatura non fixo nada?

Afirma que “hai 22 parques que quedaron fóra por estar en Rede Natura. No futuro plan sectorial hai unha redución de 327.000 hectáreas”, e considera que “hai quen fala de oído. Algún cuantificou que os 2.300 MW implicarían a instalación de 15.000 aeroxeradores”, cando en realidade se estima que haberá sobre uns 1.000

Hai quen fala de oído ou faino para adrede dicindo mentiras a propósito? Sería interesante acceder á hemeroteca!

 

Deixa unha resposta