Unha vaca máis no millo? Non, non! Moitas!

 

 O candidato do PSOE á Presidencia da Xunta de Galiza, Emilio Pérez Touriño, declarou nunha entrevista que os emigrantes teñen suficiente acreditación para votar sen a presenza de DNI ou pasaporte, requisito que a Xunta Electoral Central considera necesario para a fiabilidade do sufraxio na pp-e-psoe-mais-no-millo1diáspora.

O alcalde de Lugo, Xosé López Orozco (PSOE), animou en Bos Aires (Arxentina) aos residentes ausentes que vaian votar aínda que non teñan os seus documentos en regra. Con estas declaracións, Orozco fixo caso omiso á medida da Xunta Electoral Central (XEC) de esixir unha fotocopia do DNI ou do pasaporte aos emigrantes.

A deputada do PSOE, Marisol Soneira, dende Uruguai, criticou abertamente unha medida que, afirma, converte os emigrantes en “cidadáns de segunda” (por ter que identificarse igual que cando nós imos depositar o sobre coa papeleta na urna. Igual non, xa que a eles  chégalles  cunha copia, non necesitan o orixinal como na Galiza, e unha copia sempre se pode falsificar de xeito máis doado). Tamén o portavoz do PSOE José Blanco dixo en Caracas (Venezuela) ante os emigrantes que a medida supón “trabas para exercer o dereito ao voto”.

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, participará o 8 de febreiro nun acto en Bos Aires, no que os organizadores pediron aos que queiran retirar unha invitación que presenten o pasaporte.

 

Segundo Feijóo, ao director de campaña do PP, Afonso Rueda, dixéronlle desde Bos Aires que pediron os pasaportes debido a que o acto será multitudinario, unhas oito mil persoas. O acceso é gratuíto a unha festa en Arxentina coa condición  de que para retirar a invitación as persoas que queiran acudir teñen que presentar o pasaporte. E que van facer cos pasaportes? Xa é casualidade, todo preto das eleccións!!!

Non cabe dúbida que a lectura máis acaída da actitude do PSOE   persegue levar adiante manobras similares ás que o PP protagonizou no pasado co voto dos descendentes das persoas emigradas. Evitar a reforma do voto dos descendentes dos emigrantes en América ou Suíza é evitar que voten en urna nos consulados, con garantías democráticas, como se fai en todos os países que teñen nacionais no extranxeiro. 
Calquera se decata da necesidade dunha reforma que introducira garantías na emisión do voto dos cidadáns no exterior e debo lembrar que foi unha das recomendacións incluídas pola Cámara Galega, no ditame da Comisión de Investigación da famosa suposta Axente Electoral do PSOE. Mais, a postura socialista de evitar esa reforma, ademais de incrementar a sospeita de
“pucherazo” no voto exterior, elimina o dereito ao voto dos mariñeiros galegos embarcados e  mingúa a calidade do sistema democrático actual.

 

Deixa unha resposta