Nova de referencia: Cuba logra taxa de mortalidade infantil máis baixa da súa historia

Pode semellar unha anécdota, mais é moi imporcuba-contra-o-bloqueotante se temos en conta o bloqueo ao que está sometida cuba desde que fixo uso do dereito a autodeterminación:

A Revolución cubana celebra o seu primeiro medio século coa taxa de mortalidade infantil máis baixa da súa historia, 4,7 por cada mil nados vivos, informan desde a Illa.

Segundo datos divulgados polo xornal Granma, antes de 1959 en Cuba morrían máis de 60 nenos de cada mil nados vivos, en tanto os actuais indicadores superan a media do chamado Primeiro Mundo.

Fontes do Programa de Atención Materno Infantil precisaron que ningún recentemente nado morreu este ano en 26 dos 169 municipios do país, e nove provincias tiveron unha taxa de mortalidade infantil inferior a cinco por cada mil nados vivos.

Estes resultados pon a Cuba por diante até de potencias económicas como Estados Unidos, cunha taxa de mortalidade infantil que roldou os seis por cada mil nados vivos en 2008.

Cuba eleva taxa de natalidade en 2008

No ano recentemente concluído ocorreron uns 10 mil nacementos máis que en 2007, un aumento da natalidade que reverte a tendencia existente ao envellecemento poboacional.

É de felicitar ao sistema sanitario cubano por manter e mellorar tales indicadores pese ao acoso económico desatado por Wáshington desde 1961.

 

Deixa unha resposta