Unha nena, coa verdade, deixa espido en toda a súa vergoña ao racista estado de Israel.

Convídote a 6 minutos de serena exposición da realidade na que vive Gaza e da que nos medios masivos de (des)información non sae ou está deturpada.

Neste vídeo aparece o testemuño dunha nena palestina difundido pola o Jazeera e traducido (ao español) para Rebelión por Manuel Talens, resume, en 6 minutos, moito máis do que poida explicarse en extensos tratados de Historia e Dereito Internacional.

O bombardeo inmisericorde dunha vivenda chea de refuxiados civís palestinos durante días e o seu bloqueo para impedir a entrada das ambulancias e os equipos de asistencia no barrio de Zeitoun, en Cidade de Gaza, é soamente un dos múltiples crimes contra a humanidade que o estado exterminador de Israel cometeu durante a súa última carnicería en Gaza.

Unha nena, coa verdade, deixa espido en toda a súa vergoña ao racista estado de Israel.

 

Clica no video para velo
Podes ver outros en radiomundial.com.ve

 

Deixa unha resposta