Unha enquisa do Xornal de Galicia estima unha subida para o BNG de tres escanos; os mesmos que perde o PP, mentres o PSOE mantense
Publicado en Galiza o 19/01/2009 01:18 por Xosé AntónNo xornal de Galicia publícouse hoxe, domingo 18 de xaneiro, unha enquisa na que se estima unha subida de tres escanos para o BNG, pasando dos 13 do 2005 a 16 no 2009. Estes escanos perderíaos o P
P, que pasaría dos actuais 37 a baixar aos 33-34, mentres o PSdeG manteríase nos 25 ou podería chegar até o 26.
Esta enquisa de estimación de voto que publica o Xornal de Galicia foi elaborado entre o 29 de decembro e 7 de xaneiro por Quadernas Consultoría con 1.600 entrevistas telefónicas, 400 en cada provincia, entre maiores de 18 anos con dereito a voto.
A formación nacionalista sería a forza que máis crecería en porcentaxe de votos nas eleccións do 1 de marzo. Segundo a estimación de escanos, estas variacións traduciríanse nun notable cambio da actual representación parlamentaria. Máis datos aquí