Quintana describe como «arrepiante» a decisión do PSOE de pretender que os residentes ausentes voten sen identificarse

O Vicepresidente da Xunta de Galiza e candidato do BNG á presidencia do Goberno, Anxo Quintana, cualificou anxo-quintana-discursode »arrepiante» esa petición do PSOE ante a XEC. «Non só os enche de vergoña, senón que algún aínda reclama que sigan sen identificarse», enfatizou o líder nacionalista, ao tempo que consideraba esta situación propia dun país terceiromundista: «Estamos en Tanzania ou onde estamos?», preguntou Quinta ao tempo que aseguraba sentir «vergoña» polo feito de que «en plena campaña a XEC teña que dicir que a xente se identifique cando vaia votar».

O Vicepresidente Anxo Quintana responsabilizou a PPdeG e PSdeG de seren os artífices do actual modelo que rexe o sistema do voto emigrante: «de que fenómenos saíu esta proposta», ironizou o candidato nacionalista, en alusión aos populares galegos, aínda que preguntándose tamén por que os socialistas galegos non modificaron, no seu día, este sistema.

O PSOE di que, se a Xunta Electoral Central española (XEC) decide declarar nulos todos os votos que cheguen por correo sen que fose axuntando no envío unha fotocopia da documento de identidade ou o pasaporte, pode recorrerse ante o Tribunal Supremo e, posteriormente, ante o Constitucional, e que así o fará.

O PP criticou a decisión do PSOE, considerando «indigno» que quen aspira a gobernar a todos os galegos «pretenda facelo a costa de trampear a vontade dos cidadáns». Para o popular, este «comportamento de Touriño demostra a súa dobre moral», xa que, segundo dixo, tras catro anos de asegurar que aplicaría o voto en urna, «o PSOE boicoteouno en Madrid, seguindo as súas propias ordes, e despois de «dicir que aceptaba a decisión da Xunta Electoral, tamén o seu partido en Madrid a recorre». «A palabra de Touriño non se sostén alén do Padornelo, e iso vén a ser o mesmo que non ter palabra», acrecentou Rueda

Máis datos: aquí e aquí

 

Deixa unha resposta