Pretenden eliminar ao BNG dos debates electorais en Antena 3 e na TVE en Galiza

 logo_bng1

 Segundo sinala xornal.com, a TVE propuxo a celebración dun cara a cara con Alberto Nuñez Feijóo e Emilio Pérez Touriño. Quedaría polo tanto fóra dos mesmos o portavoz nacional do BNG e actual vicepresidente da Xunta de Galiza, Anxo Quintana. Unha decisión que se contradí co anunciado hai unhas semanas pola cadea televisiva, que puxera sobre a mesa un debate a tres bandas.

O presidente do Goberno Galego comprometeuse a celebrar un debate electoral entre os líderes das tres forzas políticas con representación no Parlamento; iniciativa apoiada por Quintana que se mostrou favorable a asistir a todos os debates que se celebren, tanto en medios públicos como privados. Pois non semella entendíbel que unha  das tres forzas políticas representadas no parlamento galego quede excluída. É menos entendíbel cando goberna na Xunta de Galiza.

Antena 3 tamén pretende excluír ao nacionalismo dos debates

A exclusión de Anxo Quintana dos debates electorais non se reduce á televisión pública dos españois, senón que Antena 3 tamén propuxo un “cara a cara” entre Touriño e Feijóo. Mais, privar ás galegas e galegos da posibilidade dun debate político entre as tres forzas representativas non semella moi democrático, tendo en conta a representación que ten o BNG na Galiza e que ten a posibilidade de presidir o próximo goberno.

 

Deixa unha resposta