Plan de Vivenda será positivo para colectivos desfavorecidos e reactivará o sector

 A conselleira de Vivenda e Solo, a nacionalista Teresa Táboas, salientou o “marcado carácter social” da nova Lei de Vivenda aprobada  que recolle as medidas necesarias para “facer efectivo” o dereito á vivenda en compra ou aluguer.

O texto está “empapado de medidas de carácter social, orientadas á mellora da calidade de vida, á cohesión social, a loita contra a segregación por mor da vivenda, e a atención aos sectores desprotexidos”, explicou duranplan-sectoral-de-vivenda-protexidate a intervención na que agradeceu e valorou o traballo feito polo Cámara durante a tramitación parlamentar, cuxas aportacións “contribuíron a enriquecer” o texto.

Teresa Táboas, que colocou o acceso á vivenda no mesmo rango ca política sanitaria ou educativa, salientou ademais a “oportunidade” desta nova Lei de Vivenda  nun momento de crise que agrava o acceso dos galegos a unha residencia, polo que fai preciso contar con “ferramentas xurídicas” que os amparen.
A demanda de vivenda de carácter social en Galiza é máis de catro veces superior á dispoñibilidade de chan para a súa construción. En total, a comunidade galega necesita máis de 23.500 vivendas deste tipo, pero só ten chan para unhas 5.117, segundo consta no informe sobre Demanda de vivenda social en España e chan dispoñible para a promoción de novas vivendas sociais, elaborado pola FEMP e recollido por Europa Press.

Neste informe fíxase en 760.000 a estimación de demanda de vivenda social de promoción pública pero reservadas a colectivos desfavorecidos de face aos próximos catro anos en todo o estado, a un ritmo dunhas 190.000 ao ano.

A FEMP chama a atención sobre a posibilidade de que unha porcentaxe de entre un 25 e un 35 % da poboación podería ver satisfeita a súa necesidade co parque de vivendas baleiras existentes e fomentando o aluguer. En todo caso, considera que a demanda verase claramente insatisfeita, debido ao baixo ritmo de iniciación deste tipo de vivendas desde mediados de 2007.

Por exemplo os promotores da provincia de Pontevedra están convencidos de que o Plan Sectorial de Vivenda promovido pola Xunta de Galiza ( consellaría de Vivenda e Solo, dirixida pola nacionalista Teresa Táboas) vai contribuír decisivamente a reactivar o sector da construción na cidade de Vigo. Así o expresaron ao término da xunta reitora da Asociación de Promotores Inmobiliarios da provincia de Pontevedra (Aproin), que se reuniu para consensuar o seu posicionamento con respecto ao aproxecto autonómico. E van apoiar absolutamente o plan. Instan ao rexedor local  de Vigo que explique por que rexeita a axuda da Xunta para construír un importante número de pisos protexidos na cidade.

politica-transparenteO Plan Sectorial de Vivenda significa a construción de 45.000 vivendas protexidas en todo o país e hai moitos concellos que querían máis e estanas solicitando.
O sector da construción está totalmente paralizado e faille falta carga de traballo. E por outra banda, o único xeito que ten a xente de acceder a unha vivenda, agora en tempo de crise, é a vivenda protexida, que é unha vivenda de prezo taxado. Se hai alcaldes (por exemplo Vigo- PSOE) e alcaldesas (por exemplo Arteixo- que casualidade, do PSOE) ou partidos políticos do PP e do PSOE que non entenden isto e que prefiren axitar, angustiar e trasladar situacións totalmente irreais por cuestións electorais, haberá que aceptalo democraticamente porque son representantes d@s cidadáns, electos democraticamente, e respectar as súas decisións, aínda que semellen ser estupidamente irresponsábeis.

Pretendenden  perder unha magnífica oportunidade? por unha insensatez política local ou electoral? ou por unha suposta e inconcibible defensa de estraños intereses especulativos?

 

Deixa unha resposta