Archive for Xaneiro, 2009

Unha vaca máis no millo? Non, non! Moitas!

 

 O candidato do PSOE á Presidencia da Xunta de Galiza, Emilio Pérez Touriño, declarou nunha entrevista que os emigrantes teñen suficiente acreditación para votar sen a presenza de DNI ou pasaporte, requisito que a Xunta Electoral Central considera necesario para a fiabilidade do sufraxio na pp-e-psoe-mais-no-millo1diáspora.

O alcalde de Lugo, Xosé López Orozco (PSOE), animou en Bos Aires (Arxentina) aos residentes ausentes que vaian votar aínda que non teñan os seus documentos en regra. Con estas declaracións, Orozco fixo caso omiso á medida da Xunta Electoral Central (XEC) de esixir unha fotocopia do DNI ou do pasaporte aos emigrantes.

A deputada do PSOE, Marisol Soneira, dende Uruguai, criticou abertamente unha medida que, afirma, converte os emigrantes en “cidadáns de segunda” (por ter que identificarse igual que cando nós imos depositar o sobre coa papeleta na urna. Igual non, xa que a eles  chégalles  cunha copia, non necesitan o orixinal como na Galiza, e unha copia sempre se pode falsificar de xeito máis doado). Tamén o portavoz do PSOE José Blanco dixo en Caracas (Venezuela) ante os emigrantes que a medida supón “trabas para exercer o dereito ao voto”.

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, participará o 8 de febreiro nun acto en Bos Aires, no que os organizadores pediron aos que queiran retirar unha invitación que presenten o pasaporte. Read the rest of this entry »

 

E agora co temporal, porque cala «La Voz de Galicia» sobre a xestión das empresas eléctricas foráneas?

 “La Voz de Galicia”, cunha gran distribución de periódicos , comezara un ataque  furibundo, nunca antes conexion-electricavisto, contra o Plano eólico da consellaría de Industria. Plano Industrial na que Galiza é a gran beneficiada, sendo este o maior exemplo de redistribución de riqueza en Galiza”.

Semellaba que ese medio de comunicación defendía intereses privados  de certos monopolios enerxéticos foráneos contra o interese público da sociedade galega e do sector empresarial galego. E agora, que vai calar ou dicir dun monopolio foráneo como Unión Fenosa que, diante do efecto dos ventos,  non resolve eficazmente e nun tempo prudencial os problemas do subministro eléctrico coas medidas que di estar pondo en marcha ? Que vai dicir agora  “La Voz de Galicia” cando aínda hai uns 6.600 fogares galegos seguen sen luz cinco días despois do temporal de vento e choiva que esnaquizou árbores e postes do tendido eléctrico na nosa comunidade?

Onde está a responsabilidade dese medio de comunicación que faltou á verdade?

Vai pedir  perdón? Non, está clara a súa actitude. Non hai máis que dicir. Mentres,  o conselleiro de Innovación e Industria dixo que o Goberno Galego vai abrir unha investigación  sobre o funcionamento das empresas eléctricas.

 A provincia máis afectada pola interrupción do fornezo sigue sendo A Coruña, onde 4.600 casas seguen sen electricidade, mentres que en Lugo as familias afectadas son unhas 2.000. Read the rest of this entry »

 

Haberá debate a tres na galega?

 

O Consello de Administración da Compañía de Radio Televisión de Galiza (CRTVG) estudará hoxe a Haberá debate a tres?viabilidade do plan de cobertura das eleccións do 1 de marzo proposto pola dirección da Televisión autonómica, que propón celebrar o martes día 17 de febreiro un único debate electoral a tres bandas entre os tres líderes políticos galegos: Anxo Quintana (BNG)  Emilio Pérez Touriño(PSOE) e  Alberto Núñez Feijóo (PP). Agardamos tamén as respostas que darán as tres formacións políticas  ás propostas de debates entre os cabezas de lista das catro provincias e tres entrevistas aos candidatos na TVG

 

Interesante e clarificadora entrevista a Gonzalo Gómez Freire, director de Aporrea.org, en Vieiros.

Gonzalo Gómez  mantén que a Revolución Bolivariana é do pobo, non de Chávez .Que o proceso hugo-chavez-con-sean2revolucionario é de fondo, e Chávez é unha expresión que se convirte na súa dirección. Chávez tamén propón medidas que non necesariamente as está a pedir o pobo nese intre. Ás veces, adiántase á conciencia do pobo e estimula o seu desenvolvemento. Mais outras veces son os movementos sociais os que teñen que loitar e presionar o Goberno, un Goberno que é permeábel aos traballadores, algo que non pasaba cos anteriores. Segue a entrevista

 

Catro asociacións de quiosqueros denuncian presuntas prácticas abusivas de «La Voz de Galicia» e constatan un descenso das vendas dese diario nos quioscos

Segundo publica o diario «La opinión de A Coruña» os quiosqueros aseguran que os datos oficiais novas-novasconstatan «un descenso das vendas» do diario nos quioscos desde 2006.


As Asociacións de Vendedores de Prensa e Publicacións da Coruña e provincia, de Santiago de Compostela e comarca, da provincia de Pontevedra e da provincia de Ourense denunciaron onte «a repartición gratuíta de miles de exemplares de forma masiva» por parte do diario La Voz de Galicia.
«. Máis datos

Esta repartición gratuíta de miles de exemplares «producíase de forma masiva en canta festa folclórica, gastronómica ou deportiva producíase ao longo da nosa comunidade autónoma», afirman os quiosqueros nunha nota entregada aos medios de comunicación, na que engaden que «tamén, en determinadas campañas, podíanse ver miles de exemplares gratuítos nas caixas de cobro dalgunha gran superficie comercial