O xenocidio palestino: Gaza desaparece afogada en sangue pola crueldade de Israel

Un informe da ONU revelou que Israel bombardeou unha vivenda na que previamente  refuxiara  uns 110 civís, a metade deles nenos, e causou a morte de polo menos unha trintena de persoas.centos-e-centos-de-mortos-palestinos-pola-crueldade-israeli

O documento, baseado en declaracións de testemuñas, indica que soldados de infantería israelís evacuaron aos palestinos e refuxiáronos nunha vivenda residencial, advertíndolles que debían “quedar dentro”. Unhas 24 horas despois, as forzas hebreas “bombardearon a casa repetidamente”. Ocorreu o domingo pasado na zona de Zeitun, na cidade de Gaza (Palestina).

A Cruz Vermella Internacional afirmou que non tivo acceso á zona até o mércores. Ao chegar, os cooperantes atoparon varios cadáveres e persoas agonizando, incluíndo nenos. O organismo condenou a Israel por violar a lexislación internacional ao negar aos equipos médicos acceso ao lugar.

“Dacordo a varios testemuños, o 4 de xaneiro soldados de infantería israelís evacuaron aproximadamente a 110 palestinos a unha casa residencial en Zeitun, advertíndolles que permanecesen dentro”, afirma o informe de Nacións Unidas.

“Vinte e catro horas despois, as forzas israelís bombardearon a vivenda repetidas veces, matando aproximadamente a 30 persoas”.

O incidente tivo lugar este luns no barrio Zeitun da Cidade de Gaza, afirma o informe.

A Oficina de Nacións Unidas para a Coordinación de Asuntos Humanitarios (OCHA) denominouno “un dos máis graves incidentes desde o comezo das operacións” polas forzas israelís en Gaza o 27 de decembro.

“Aqueles que sobreviviron e podían facelo, camiñaron dous quilómetros á estrada de Salah Ed Din antes de ser transportados a un hospital en vehículos civís, afirmou OCHA.

“Tres nenos, o máis pequeno dos cales tiña cinco meses, morreron ao chegar ao hospital”.medico-cun-neno

O exército israelí afirmou este venres que non tiña coñecemento do incidente.

Feridos esperan

A organización israelí de dereitos humanos B’Tselem cita o testemuño de Meysa Fawzi ao Samuni, unha habitante de 19 anos, afirmando que os soldados obrigáronlle a ela e a ducias de persoas ir á unha vivenda que parecía un almacén antes do ataque.

“Até onde eu sei, os feridos e mortos que estaban baixo as ruínas, seguen alí”, afirmou.

Ibrahim Samuni, un neno de 13 anos que foi ferido nunha perna e no peito, declarou que el mantivo aos seus tres irmáns menores con vida e tratou de axudar aos adultos feridos que xacían entre os mortos despois de que a súa nai fose asasinada no incidente.

“Non había auga, nin pan, nada que comer”, afirmou.

“Abu Salah morreu, a súa muller morreu. Abu Tawfiq morreu, o seu fillo morreu, a súa esposa tamén morreu. Mohammed Ibrahim morreu, e a súa nai morreu. Ishaq morreu e Nasar morreu. A esposa de Nael Samouni morreu. Moita xente morreu”.

Os traballadores de urxencia do Comité Internacional da Cruz Vermella (CICR) e a Media Lúa Vermella Palestina afirmaron que non puideron chegar aos feridos durante catro días, porque Israel non llo permitía.

Declararon que os nenos estaban morrendo de fame cando os equipos de rescate finalmente chegaron a eles, tras a “inaceptable” demora.

“Estaban demasiado débiles para porse en pé por si mesmos. Tamén atopamos un home con vida, demasiado débil para porse en pé. En total había polo menos 12 cadáveres tendidos en colchóns”, afirmou o CICR.

Baixas civís

Pierre Wettach, o xefe do CICR para Israel e os Territorios Palestinos Ocupados, afirmou: “o exército israelí tivo que estar ao tanto da situación, pero non asistiu aos feridos”.

“Tampouco nos permitiron a nós nin á Media Lúa Vermella Palestina asistir aos feridos”.

“A partir das investigacións iniciais, non temos coñecemento deste incidente. iniciamos unha investigación pero aínda non a coñecemos”, declarou sobre o incidente do bombardeo denunciado Avital Leibovich, unha voceira militar israelí.

A Oficina de Coordinación dos Asuntos Humanitarios (OCHA) da ONU destacou que a ofensiva israelí na Franxa provocou “o maior número de desprazados forzosos palestinos desde 1967″.

 

Deixa unha resposta