O presidente de Irán, Mahmud Ahmadineyad, pediu aos países musulmáns e árabes que corten as súas relacións políticas e económicas co réxime sionista.

Ahmadineyad fixo esta petición desde a tribuna dun cumio extraordinario de mandatarios de estados membros da presidente-de-iran-mahmud-ahmadineyadLiga Árabe en Doha, Qatar. O presidente iraniano asistiu por invitación do emir de Qatar (Irán non é un país árabe, polo que non é membro desta liga). “Seguro que hoxe é un día crucial na historia do pobo musulmán pois o réxime artificial sionista está incorrendo nos crimes e matanzas máis salvaxes contra a poboación oprimida e indefensa de Gaza, un territorio acurralado que está sendo atacado.”

Na súa intervención, do venres 16 pola tarde, Ahmadineyad sinalou como “os soldados deste réxime agresor están embistindo até contra os edificios habitados, os hospitais e os centros adscritos a institucións internacionais así como contra as axencias de prensa, atacan á poboación utilizando as armas máis sofisticadas e cos seus medios de guerra, tanto de terra como de aire, convertendo a mulleres e nenos indefensos no albo dos seus proxectís.”

O presidente de Irán fixo un repaso a outras guerras libradas por Israel contra os países árabes da zona, e sostivo que “este réxime artificial non podería continuar vivindo sen a axuda de EEUU e o Reino Unido” e argumentouno dicindo que “hoxe vese claramente” que os gobernos destes dous países “investiron miles de millóns de dólares de axudas en armas e equipamentos destinados a ese réxime para evitar o seu afundimento e caída.”

De “símbolo do mal e de violación dos dereitos humanos” tachou Ahmadineyad ao réxime de Israel e reprendeu aos gobernos de EEUU e Gran Bretaña por permitirlle “machucar as leis internacionais e apoialo con toda as súas capacidades.”

Na súa intervención, Ahmadineyad admitiu a proposta presentada polo emir de Qatar de crear un fondo de axuda para a Faixa de Gaza ( Palestina) e anunciou que “o pobo iraniano está disposto para prestar calquera tipo de axuda posible á poboación de Gaza.”

 

Deixa unha resposta