O Foro Social Mundial con presidentes sudamericanos e a presencia do comandante Che Guevara

Clica no video para velo (está en castelán)
Podes ver outros en radiomundial.com.ve

Aínda que América do Sul (ou Indoamérica, como a denomina o presidente Hugo Chávez) nun pasado recibiu «a maior dose de capitalismo neoliberal, de veleno neoliberal», tamén foi neste continente, onde brotaron con maior forza os movementos sociais que están comezando a cambiar o planeta e ninguén poderá detelo», aseverou Chávez.
Na rexión está ocorrendo «unha Revolución, unha verdadeira Revolución», polo que solicitou aos movementos sociais ao longo do continente que redobren a ofensiva popular «para os cambios revolucionarios».
«A Venezuela correspondeulle en América Latina tomar a posición de vangarda. Iso ninguén o planificou, só ocorreu como produto de diversas circunstancias», dixo.

 

Seguido a iso, exemplificou o caso do seu país, ao mencionar que dez anos atrás chegou a Revolución Bolivariana «impulsada por un poderoso movemento popular que aínda está, impulsándoa e consolidándoa».
Nesa década, a poboación venezolana e o Goberno resistiu «as agresións, golpes de estado, terrorismo, sabotaxes, que foron impulsado desde o imperio  (EE.UU.)», demandou Chávez. Con todo, precisou que «estamos de pé, dispostos a resistir 100 anos máis de agresións, se houbese que resistilo».


Elévase un enorme sentimento de alegría e esperanza cando escoitamos aos lideres indoamericanos reunidos e dando esa mensaxe de optimismo ao seu pobo. Pobo do que forman parte e do que xurdiu esa revolución pacífica e enormemente consistente. Quen diría que os efectos da Revolución Cubana
chegasen cincuenta anos máis tarde,  para a América Latina e o Caribe! No fundamental, pola consolidación e ampliación dos diferentes procesos de transformación social, política e económica que teñen lugar na rexión, caracterizándose, ademais, polas posicións independentes e de defensa da soberanía nacional que se fixeron patentes en diferentes momentos ao longo do actual  período

 

 

Deixa unha resposta