Medio Rural aboou preto de 100 millóns de euros en axudas da PAC da campaña 2008

A que non viches esta nova no xornal de maior distribución na Galiza?  Claro, como era unha nova positiva para o sector produtivo do rural galego!  Eu só a vin nun xornal.  Lembrades da etapa dun goberno conservador na que as labregas e labregos  galegos recibían malleiras por manifestarse?  lembrades quen era o conselleiro?  E o partido que gobernaba?  E non era na dictadura! Non hai comparación posíbel entre a defensa dos intereses do noso País e o desleixo conservador de desgobernos pasados!

xose-anton-de-la-fuente-subiela-co-conselleiro-de-medio-rural-suarez-canal-e-a-delegada-provincial-olga-garcia-agra

Máis de 40.000 produtores galegos recibiron nas dúas últimas semanas de decembro as axudas en concepto do pagamento único, as axudas acopladas por cultivos herbáceos e de ovino-cabrún e o pagamento adicional do sector lácteo.

Ao igual que nas campañas de 2006 e 2007, a Consellaría do Medio Rural, dirixida polo nacionalista Alfredo Suárez Canal, conseguiu aboar todas estas cantidades ao comezo do período establecido pola normativa comunitaria, que abrangue do 1 de decembro de 2008 ao 30 de xuño de 2009.

O volume total dos pagamentos foi un 1,5% superior aos realizados o ano pasado, grazas, en boa medida, ás xestións realizadas por Medio Rural para que os gandeiros que obtiveron cota no Plan Lácteo de 2007 adquiriran tamén dereitos de pagamento único por ela.


A Consellaría do Medio Rural, a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA), fixo efectiva, nas dúas últimas semanas do pasado mes de decembro, a transferencia de 74.683 pagamentos (que benefician a máis 40.000 explotacións agrarias) correspondentes a varias axudas directas da Política Agraria Común por un importe total de 98.855.983euros, o que supón un incremento do 1,5% sobre o volume dos pagamentos deste tipo realizados nas mesmas datas o pasado ano.Pagamento Único por explotación, desligado da produción, que se vén aplicando desde o  ano 2006, e que recibiron 37.368 agricultores galegos, por un importe global de 86.405.747 euros. Esta contía supón un incremento do 1,8% (arredor de 1,5 millóns de euros máis), con respecto ao importe aboado o pasado ano 2007, grazas fundamentalmente aos novos dereitos de pagamento único que recibiron da reserva estatal as explotacións lácteas galegas que obtiveron cota no último reparto realizado (o do Plan Lácteo de 2007). Neste sentido, as xestións da Consellaría do Medio Rural ante o Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) serviron para conseguir que as explotacións lácteas que recibiron cota adicional no Plan Lácteo de 2007 obtiveran tamén novos dereitos de Pagamento Único por dita cota. Esta medida, que comezou a facerse efectiva nos pagamentos que veñen de realizarse, beneficia a un total de 1.861 explotacións galegas, que recibirán anualmente un incremento das axudas até 2013 por un importe de 2,37 millóns de euros.

A transacción máis importante realizada correspóndese co réxime de

Tamén se aboou na última metade de decembro o pago adicional no sector lácteo, que ten por obxectivo a mellora da calidade do leite producido nas explotacións, a razón dun importe unitario de 3,82679617 euros por tonelada de cota láctea subvencionable. Desta axuda beneficiáronse en Galiza 12.442 gandeiros por un importe global de 7.509.442 euros, o que supón un incremento do 3,9% respecto á suma pagada nas mesmas datas de 2007.

Así mesmo, recibiron un total de 3.366.647 euros 22.439 produtores de cultivos herbáceos (millo e outros cereais principalmente) correspondentes ao 25% da axuda que quedou ligada á produción de cultivos deste tipo. Neste caso, a axuda tivo un coeficiente de axuste do 94,84%, posto que a superficie solicitada superou a superficie de base de Galiza e tamén a de todo o Estado español.

Finalmente, 2.434 produtores de ovino e cabrún percibiron un total de 1.574.145 euros polo 50% da axuda que está vinculada á produción de carne destes animais, contía que tamén se incremento, neste caso nun 5,3%, en relación coa cantidade percibida por este mesmo concepto na pasada campaña.

Do importe total pagado agora, a meirande parte dos pagamentos corresponden á provincia de Lugo cun 43,6% do total, recibindo os agricultores da Coruña un 36,6% da cantidade global, os de Ourense un 10% e os de Pontevedra un 9,8%.

Estas axudas da PAC foron solicitadas do 1 de febreiro ao 30 de abril de 2008, baseándose nos dereitos de pagamento único, nas superficies, nos animais, na cota láctea e nos dereitos de prima de ovino e cabrún das explotacións. Ao respecto, desde a Consellaría do Medio Rural, o director do FOGGA, Edelmiro López Iglesias, destacou que “a pesar da grande complexidade que ten a súa tramitación no caso de Galiza, dado o forte peso do sector agrogandeiro e o elevado número de pequenos produtores existentes, unha vez feitos os controis administrativos e sobre o terreo que esixe a normativa comunitaria logrouse efectuar xa o pagamento, que ten un período establecido pola Unión Europea que vai do 1 de decembro de 2008 ao 30 de xuño de 2009”. Logo de realizar este pagamento, só quedan por aboar as axudas que teñen unha tramitación que

 

Deixa unha resposta