Lembrádevos da Manifestación Nacional contra o xenocidio do Pobo Palestino
Publicado en Galiza o 16/01/2009 20:32 por Xosé AntónO vindeiro domingo 18 de xaneiro, ás 12:00 na alameda da capital de Galiza, as galegas e galegos
manifestaremos o noso rexeitamento máis categórico aos crueis ataque cometidos por Israel contra o desarmado pobo palestino, a nosa total solidariedade e o noso apoio á causa palestina. Non faltes! Únete a esta xusta protesta.
Israel leva asasinado até agora 1.169 persoas e 5.100 están feridas nunha operación terrorista que pretende eliminar o maior número de palestinas e palestinos posible.
Unha moi clara intervención do representante permanente da República Bolivariana de Venezuela nas Nacións Unidas, embaixador Jorge Valero . Venezuela, Cuba e Bolivia son un exemplo a imitar na dignidade e humanidade amosada. Non como fixo a calada e hipócrita Unión Europea
A Oficina
de Coordinación dos Asuntos Humanitarios (OCHA) da ONU destacou que a ofensiva israelí na Franxa provocou “o maior número de desprazados forzosos palestinos desde 1967″.
Israel mantén unha política de campos de concentración, co obxectivo manifesto de ter controlada a poboación
palestina, ocupar os seus territorios, roubar os seus escasos recursos naturais e destruír infraestructuras: casas, hospitais, centros sociais e culturais, sen respectar o Dereito Internacional nin as bandeiras da ONU. Debemos denunciar aos estados europeos, que como o español, toman parte por Israel, ao acusar ás vítimas da acción dos verdugos, Alén do máis, o actual goberno español é cómplice activo ao venderlle armas ao exército israelí.