Haberá debate a tres na galega?
Publicado en Galiza o 28/01/2009 01:36 por Xosé Antón
O Consello de Administración da Compañía de Radio Televisión de Galiza (CRTVG) estudará hoxe a
viabilidade do plan de cobertura das eleccións do 1 de marzo proposto pola dirección da Televisión autonómica, que propón celebrar o martes día 17 de febreiro un único debate electoral a tres bandas entre os tres líderes políticos galegos: Anxo Quintana (BNG) Emilio Pérez Touriño(PSOE) e Alberto Núñez Feijóo (PP). Agardamos tamén as respostas que darán as tres formacións políticas ás propostas de debates entre os cabezas de lista das catro provincias e tres entrevistas aos candidatos na TVG