Guerra interna en Sogama: PP e PSOE terminarán incinerados na planta de Cerceda?

Axentes da Garda Civil entraron en días pasados na sede de SOGAMA  en Cerceda, controlada nun 51 por cento pola pachi-vazquezXunta e nun 49 por cento Fenosa. Acompañados por un secretario do xulgado número 1 da Coruña, incautáronse de varios discos duros e de diversa documentación nunha investigación sobre presunta corrupción na administración da planta de residuos.

O presidente da Sociedade Galega do Medio, S.A. (SOGAMA), José Álvarez Díaz, na guerra interna entre o anterior e actual equipo directivo, apunta que  Xosé María Hernández Sanmamed “fillo do ex-conselleiro de Sanidade do goberno anterior” (Xosé María Hernández Cochón) é quen lidera o grupo de denunciantes, a quen acusou de practicar o “nepotismo”. O director defendeu a transparencia da súa xestión e criticou as adxudicacións durante os gobernos do PP.

Dise que o motivo da liorta interna en SOGAMA é que Álvarez , nomeado por Medio Ambiente (PSOE) está co equipo de xestión que se mantén dende as lexislaturas do PP.  SOGAMA está a ser investigada cando menos por dous motivos. Ademais da investigación sobre a suposta prevaricación na adxudicación do citado contrato, o SEPRONA ten aberto un expediente polas sucesivas verteduras ao río Lengüelle.

O portavoz do PP na comisión de Medio Ambiente, Jaime Castiñeira, pediu ao presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, que cese ao conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, ao que acusou de ocultar datos sobre Sogama.

Máis datos aquí

 

Deixa unha resposta